TOLKNING Cesto colgante, conxunto de 2, á man bambú
Como conseguilo
TOLKNING é unha serie versátil feita con fibras naturais que transmiten calidez. Estas polivalentes cestas de colgar, realizadas con restos de bambú procedentes da nosa produción, axúdanche a ter a túa casa en orde.
Detalles do produto
Cesta tecida á man por persoas expertas, de xeito que nunca hai dúas iguais.
Deixa que a natureza che axude a gardar as cousas que queres ter á man, pero non visibles.
O produto está feito dun material que transmite unha sensación de calma e sosego.
Podes comprar varios xogos de cestas colgantes e combinalos para crear ringleiras de diferentes lonxitudes.
Nike Karlsson
Medicións
- fondo: 20 cm
- Altura: 57 cm
- Ancho: 20 cm
- Peso máximo: 2 kg
Opinións dos clientes

Leva a natureza ao interior da túa casa
Traballamos con expertos artesáns para deseñarmos TOLKNING. O resultado é unha serie decorativa e multifuncional de produtos feitos de fibras naturais con moita personalidade e un aspecto entrañable e único.
Simi Gauba e Kristin Pfannenschmidt son dous das nosas deseñadoras de produtos. Traballan moito con fibras naturais e están radicadas en Vietnam. "Recibidos a axuda de expertos artesáns durante o proceso de creación de TOLKNING, porque eles coñecen os puntos fracos e fortes do material", di Simi. "Sen eles, non seríamos quen de ofrecerlles estes produtos aos nosos clientes".
Forma e funcionalidade van da man
As fibras naturais tratadas correctamente poden transformarse case en calquera cousa. "Podemos crear produtos fermosos e funcionais. É imposible manufacturar dúas exactamente iguais, xa que as fibras naturais varían de cor e textura. E desta forma os clientes levan consigo obxectos con moita personalidade", di Kristin.
Cooperación entre ser humano e natureza
Simi di que traballar con fibras naturais pode supoñen un reto, mais iso tamén é parte do encanto. "A serie TOLKNING representa un legado que cómpre conservar. Ser humano e natureza da man e coñecementos que son transmitidos de xeración en xeración. Acho que ese é un dos motivos polos que estes produtos son tan queridos. Teñen unha alma e un espírito moi prezados e son perfectos para decorar calquera casa con materiais xenuínos e naturais".
Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"O que busquei coa serie TOLKNING era crear produtos sostibles feitos a partir de fibras naturais que se puidesen utilizar de distintas maneiras e en distintas partes da casa. Todo empezou combinando o meu propio legado escandinavo co saber facer de artesáns profesionais: unha serie feita por persoas para as persoas. Agardo que lle tiredes proveito, que enchan as vosas casas de ledicia e que sintades orgullo de tomar unha elección consciente".