Saltar

TOLKNING Cabeceira, á man ratán

49,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A versátil serie TOLKNING está feita de fibras naturais que lle dan un toque de calidez. Este cabeceiro independente de ratán achega calma ao teu dormitorio e, co paso dos anos, ganará en fermosura e personalidade.

Número de artigo305.126.31

Detalles do produto

Cada produto é único, xa que foi tecido a man por artesáns expertos.

O ratán é un material natural que adquire unha bonita pátina co tempo.

O material achega un aire natural á decoración e transmite sensación de calma e calidez.

Podes comprar varios cabeceros e colocalos xuntos para crear un máis grande.

Non te preocupes polas marcas na parede, xa que a parte traseira do cabeceiro ten unha protección de xute para evitar as rabuñaduras.

O cabeceiro é independente, polo que non cómpre fixalo á parede.

As patas do cabeceiro están deseñadas para adaptarse a paredes tanto con rodapés como sen el.

Deseñador

Nike Karlsson

Número de artigo305.126.31

Información útil

Cada produto é unha creación artística única, realizada á man, con variacións naturais de forma e cor.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Compoñentes principais:
NOTRANS, NOTRANS
Armazón de soporte:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Marco:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Pomo:
xute
Patas:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano seco.

Ao ratán convenlle unha contorna fresca e seca cunha temperatura constante.

Seguridade e conformidade

A cabeceira debe instalarse entre a parede e a estrutura da cama, de xeito que quede apoiada contra a parede.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

TOLKNING Cabeceira305.126.31

Consellos e instrucións de coidado

TOLKNING Cabeceira305.126.31

Medicións

  • Ancho: 100 cm
  • Altura: 96 cm
  • grosor: 3 cm
  • Anchura do colchón: 90 cm

Embalaxe

TOLKNING

Número de artigo305.126.31
  • Ancho: 83 cm
  • Alto: 4 cm
  • Longo: 103 cm
  • Peso: 3.85 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.3Valoración media
71Opinións
Cabeceira de ratán natural con deseño tecido, almofadas beige, parede de pexego, roupa de cama gris, lámpada, colgante de abrigo.

Leva a natureza ao interior da túa casa

Traballamos con expertos artesáns para deseñarmos TOLKNING. O resultado é unha serie decorativa e multifuncional de produtos feitos de fibras naturais con moita personalidade e un aspecto entrañable e único.

Simi Gauba e Kristin Pfannenschmidt son dous das nosas deseñadoras de produtos. Traballan moito con fibras naturais e están radicadas en Vietnam. "Recibidos a axuda de expertos artesáns durante o proceso de creación de TOLKNING, porque eles coñecen os puntos fracos e fortes do material", di Simi. "Sen eles, non seríamos quen de ofrecerlles estes produtos aos nosos clientes".

Forma e funcionalidade van da man

As fibras naturais tratadas correctamente poden transformarse case en calquera cousa. "Podemos crear produtos fermosos e funcionais. É imposible manufacturar dúas exactamente iguais, xa que as fibras naturais varían de cor e textura. E desta forma os clientes levan consigo obxectos con moita personalidade", di Kristin.

Cooperación entre ser humano e natureza

Simi di que traballar con fibras naturais pode supoñen un reto, mais iso tamén é parte do encanto. "A serie TOLKNING representa un legado que cómpre conservar. Ser humano e natureza da man e coñecementos que son transmitidos de xeración en xeración. Acho que ese é un dos motivos polos que estes produtos son tan queridos. Teñen unha alma e un espírito moi prezados e son perfectos para decorar calquera casa con materiais xenuínos e naturais".

Máis información

Material

Que é o ratán?

O ratán é un material resistente, lixeiro e flexible obtido a partir do talo dunha planta co mesmo nome. Pódese utilizar como un todo ou dividido en partes máis finas, que se trenzan para facer cestos e mobles. O ratán pertence á familia das palmeiras e medra ao longo das árbores, polo que non é necesario talar ningunha árbore para recollelo. É un material natural e os produtos adoitan estar feitos á man por artesáns, polo que cada peza ten un aspecto único.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"O que busquei coa serie TOLKNING era crear produtos sostibles feitos a partir de fibras naturais que se puidesen utilizar de distintas maneiras e en distintas partes da casa. Todo empezou combinando o meu propio legado escandinavo co saber facer de artesáns profesionais: unha serie feita por persoas para as persoas. Agardo que lle tiredes proveito, que enchan as vosas casas de ledicia e que sintades orgullo de tomar unha elección consciente".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.