Saltar

TOLKNING Banco con almacenaxe, á man ratán, 120 cm

129€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A versátil serie TOLKNING está feita de fibras naturais que lle dan un toque de calidez. Este banco agocha un segredo: ademais de ofrecerche un asento máis, grazas ao seu espazo de almacenaxe, axúdate a manter a casa en orde.

Número de artigo805.126.57

Detalles do produto

Cada produto é único, xa que foi tecido a man por artesáns expertos.

O material achega un aire natural á decoración e transmite sensación de calma e calidez.

O ratán é un material natural que adquire unha bonita pátina co tempo.

Ademais dun asento extra e un elemento decorativo, este banco ofréceche un cómodo espazo de almacenaxe.

O espazo de almacenaxe debaixo do asento é perfecto para todas as cousas que queiras ter á man pero fóra da vista.

Queda ben en calquera parte da casa, como o salón, a entrada ou o dormitorio.

Deseñador

Nike Karlsson

Número de artigo805.126.57

Información útil

Cada produto é unha creación artística única, realizada á man, con variacións naturais de forma e cor.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Estrutura do asento/ Estrutura lateral:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Cincha elástica para asento:
NOTRANS
Taboleiro inferior:
NOTRANS, NOTRANS
Estrutura de pata/ Encadernado:
NOTRANS, NOTRANS
Pés:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano seco.

Ao ratán convenlle unha contorna fresca e seca cunha temperatura constante.

Seguridade e conformidade

O banco foi probado e pode soportar un peso máximo de 180 kg, sempre que o peso se distribúa uniformemente.

Medicións

  • fondo: 37 cm
  • Altura: 46 cm
  • Ancho: 120 cm

Embalaxe

TOLKNING

Número de artigo805.126.57
  • Ancho: 38 cm
  • Alto: 25 cm
  • Longo: 125 cm
  • Peso: 11.00 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.2Valoración media
169Opinións

Accesorios para TOLKNING

banco de vimbio tecido a man con robustas patas de bambú; Materiais naturais de alta calidade.

Leva a natureza ao interior da túa casa

Traballamos con expertos artesáns para deseñarmos TOLKNING. O resultado é unha serie decorativa e multifuncional de produtos feitos de fibras naturais con moita personalidade e un aspecto entrañable e único.

Simi Gauba e Kristin Pfannenschmidt son dous das nosas deseñadoras de produtos. Traballan moito con fibras naturais e están radicadas en Vietnam. "Recibidos a axuda de expertos artesáns durante o proceso de creación de TOLKNING, porque eles coñecen os puntos fracos e fortes do material", di Simi. "Sen eles, non seríamos quen de ofrecerlles estes produtos aos nosos clientes".

Forma e funcionalidade van da man

As fibras naturais tratadas correctamente poden transformarse case en calquera cousa. "Podemos crear produtos fermosos e funcionais. É imposible manufacturar dúas exactamente iguais, xa que as fibras naturais varían de cor e textura. E desta forma os clientes levan consigo obxectos con moita personalidade", di Kristin.

Cooperación entre ser humano e natureza

Simi di que traballar con fibras naturais pode supoñen un reto, mais iso tamén é parte do encanto. "A serie TOLKNING representa un legado que cómpre conservar. Ser humano e natureza da man e coñecementos que son transmitidos de xeración en xeración. Acho que ese é un dos motivos polos que estes produtos son tan queridos. Teñen unha alma e un espírito moi prezados e son perfectos para decorar calquera casa con materiais xenuínos e naturais".

Máis información

Material

Que é o ratán?

O ratán é un material resistente, lixeiro e flexible obtido a partir do talo dunha planta co mesmo nome. Pódese utilizar como un todo ou dividido en partes máis finas, que se trenzan para facer cestos e mobles. O ratán pertence á familia das palmeiras e medra ao longo das árbores, polo que non é necesario talar ningunha árbore para recollelo. É un material natural e os produtos adoitan estar feitos á man por artesáns, polo que cada peza ten un aspecto único.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"O que busquei coa serie TOLKNING era crear produtos sostibles feitos a partir de fibras naturais que se puidesen utilizar de distintas maneiras e en distintas partes da casa. Todo empezou combinando o meu propio legado escandinavo co saber facer de artesáns profesionais: unha serie feita por persoas para as persoas. Agardo que lle tiredes proveito, que enchan as vosas casas de ledicia e que sintades orgullo de tomar unha elección consciente".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.