- Filtrado de luz
As cortinas TEMPELFLY presentan un deseño inspirado nas granxas antigas e nos valados. A mestura de algodón e xute realza o seu aspecto rústico e filtra a luz para transmitir unha sensación de privacidade relaxante.
Detalles do produto
O tecido reduce o paso de luz e os reflexos. Proporciona unha agradable sensación de privacidade grazas á súa opacidade. Pola noite, é posible percibir siluetas dende o exterior se a estancia está iluminada.
A súa lonxitude de 300 cm permíteche pendurar a cortina á altura do teito, para crear unha atmosfera sofisticada e de teitos altos; ou tamén a podes colgar enriba de fiestra e deixala caer sobre o chan.
As cortinas con cinta de prego permítenche pendurar as cortinas directamente na barra de cortina usando as dobras ou lapelas. Tamén podes articular a cortina con guías de raíl usando aneis e ganchos.
Pon ganchos RIKTIG na cinta da parte superior para crear pregos.
Hannah Wilcox
Información útil
Cortina, inclúe 1 par.
O tecido encolle ao lavalo, polo que é boa levar as cortinas antes de cortalas/facerlle a basta.
Ideal para combinar con cortinas semi opacas ou opacas ou estores e así limitar ou bloquear a entrada de luz do exterior.
Normalmente, recoméndanse 16 argolas e ganchos por cada cortina de 145 cm de largura. Podes aumentar ou diminuír o número, en función de se queres un plisado coas dobras máis estreitas ou máis amplas.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- 70% algodón (mín. 20% reciclado), NOTRANS
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Non limpar en seco.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
TEMPELFLY Cortina, 1par906.078.67Medicións
- Largura/cortina: 145 cm
- lonxitude: 300 cm
- superficie: 4.35 m²
- peso: 0.98 kg
Embalaxe
TEMPELFLY
Número de artigo906.078.67- Ancho: 20 cm
- Alto: 12 cm
- Longo: 28 cm
- Peso: 2.01 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para TEMPELFLY
Material
Xute e algodón
O xute é un material renovable, biodegradable e orgánico. Trátase dunha planta de secaño que apenas require fertilizantes nin pesticidas e que medra en 120 días. As fibras son famosas por teren un lustre sedoso e a miúdo reciben o nome de "fibra dourada", debido á súa cor. Se as mesturamos co algodón, o material resultante torna máis suave, resistente e transpirable.
Funcionalidade
O tecido reduce o paso de luz
O tecido atenúa a cantidade de luz que entra na estancia e reduce os reflexos. Crea unha agradable sensación de privacidade, xa que non deixan ver desde fóra o que hai dentro. Pola noite, cando a estancia está iluminada, é posible percibir as formas e siluetas do interior desde fóra.







