TÄLLÅSEN Estrutura cama tapizada
Como conseguilo
- Funda lavable
Liñas simples, tapizado de cor coordinada, partes metálicas e cabeceira mole e cómoda. TÄLLÅSEN ten moitos detalles elaborados e daralle un aspecto moderno ao teu dormitorio que combinará facilmente con outros mobles.
Detalles do produto
O deseño robusto e sinxelo, con atención aos detalles, danlle á estrutura de cama tapizada TÄLLÅSEN un aspecto moderno, fácil de combinar con outros mobles de dormitorio.
Podes retirar, lavar á máquina e volver a colocar a funda da cabeceira sempre que queiras.
A cabeceira acolchada é moi bonita e cómoda, ideal se queres ler ou ver a televisión na cama.
O tecido Kulsa beixe claro, con motivos a raias, dálle personalidade á cama. Pola súa parte, as partes revestidas en po teñen unha cor que vai a xogo co tecido.
As patas están na parte exterior da estrutura, isto dálle un aspecto distintivo e moderno.
Ao ter os laterais da cama regulables, pódense utilizar colchóns de diversos grosores.
Hai espazo abondo debaixo da cama para gardar caixas. Perfecto para maximizar o uso de espazos.
Resulta moi doado pasar a aspiradora por debaixo da cama.
O somier LÖNSET con láminas curvas e zonas de confort permíteche manter a columna aliñada. Pola súa parte, a estrutura aberta permite o aire circular e mantén o frescor do colchón.
Información útil
A tapicería dos laterais da cama non se pode quitar nin lavar á máquina.
Traveseiro da cama incluído.
O colchón e a roupa de cama véndense á parte.
O somier de taboíñas LÖNSET está incluído no prezo, pero empaquétase á aparte.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Limpeza en seco profesional con tetracloroeteno e hidrocarbonos nun tratamento normal.
Quita o recheo da funda de coxín antes de lavalo.
Limpar con aspiradora.
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Non lavar a funda.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Medicións
- Altura pés: 38 cm
- Altura cabezal: 107 cm
- lonxitude: 213 cm
- Longo do colchón: 200 cm
- Anchura do colchón: 140 cm
- Ancho: 155 cm
- Altura libre baixo a cama: 20 cm
Embalaxe
TÄLLÅSEN
Número de artigo505.647.75- Ancho: 43 cm
- Alto: 16 cm
- Longo: 209 cm
- Peso: 35.90 kg
- Paquete(s): 1
LÖNSET
Número de artigo702.787.06- Ancho: 16 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 202 cm
- Peso: 9.20 kg
- Paquete(s): 2
Opinións dos clientes
Accesorios para TÄLLÅSEN
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A miña idea con TÄLLASÅSEN era crear unha estrutura de cama tapizada feita con materiais, cores e cunha fabricación que a fixesen destacar con elegancia. Un produto cunha expresividade de seu que ofrece moitas posibilidades. Un exemplo é a cabeceira acolchada, xa que te podes apoiar contra ela con total comodidade, e tamén inclúe un estampado sutil que lle dá ao tecido unha textura e aspecto máis rico. Agardo que sexan moitas as persoas que aprecien a comodidade e personalidade de TÄLLÅSEN".











