











- Escuma de alta resistenciaUnha escuma de alta calidade que segue os teus movementos e axuda a aliviar a presión, e ten menos efecto de afundimento.





TÄLLÅSEN Estrutura cama tapizada con colchón
Como conseguilo
- Escuma
- Escuma viscoelástica
- Firme
- Zonas de confort
- Paquete enrolado
- Funda lavable
Liñas simples, tapizado de cor coordinada, partes metálicas e cabeceira mole e cómoda. TÄLLÅSEN ten moitos detalles elaborados e daralle un aspecto moderno ao teu dormitorio que combinará facilmente con outros mobles.
Detalles do produto
O deseño robusto e sinxelo, con atención aos detalles, danlle á estrutura de cama tapizada TÄLLÅSEN un aspecto moderno, fácil de combinar con outros mobles de dormitorio.
Podes retirar, lavar á máquina e volver a colocar a funda da cabeceira sempre que queiras.
A cabeceira acolchada é moi bonita e cómoda, ideal se queres ler ou ver a televisión na cama.
O tecido Kulsa beixe claro, con motivos a raias, dálle personalidade á cama. Pola súa parte, as partes revestidas en po teñen unha cor que vai a xogo co tecido.
As patas están na parte exterior da estrutura, isto dálle un aspecto distintivo e moderno.
Ao ter os laterais da cama regulables, pódense utilizar colchóns de diversos grosores.
Hai espazo abondo debaixo da cama para gardar caixas. Perfecto para maximizar o uso de espazos.
Resulta moi doado pasar a aspiradora por debaixo da cama.
Unha combinación de 3 capas de espuma coidadosamente seleccionadas para maior comodidade e soporte.
Información útil
A tapicería dos laterais da cama non se pode quitar nin lavar á máquina.
O prezo inclúe unha estrutura de cama completa e un colchón. O colchón, a estrutura de cama, as táboas e a viga central veñen en paquetes independentes.
Todos os nosos colchóns poden utilizarse inmediatamente. Ten en conta que cando se desembala un colchón non recupera a forma orixinal ata 72 horas despois. Ademais, o teu corpo necesitará algunhas semanas para habituarse ao novo colchón.
O colchón pode desprender un cheiro particular ao abrir o paquete. Este cheiro non é nin perigoso nin daniño e desaparece pouco a pouco. Para eliminar o cheiro máis rápido airea o colchón e pasa a aspiradora.
As instrucións están dentro da funda.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Limpeza en seco profesional con tetracloroeteno e hidrocarbonos nun tratamento normal.
Quita o recheo da funda de coxín antes de lavalo.
Limpar con aspiradora.
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Non lavar a funda.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Darlle a volta do revés á tapizaría e pechar as cremalleiras antes do lavado.
Non empregar lixivia.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Secar colgada.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
TÄLLÅSEN Estrutura cama tapizada505.647.75Consellos e instrucións de coidado
ÅKREHAMN Colchón escuma104.816.40Medicións
- Longo do colchón: 200 cm
- Anchura do colchón: 140 cm
Embalaxe
TÄLLÅSEN
Número de artigo505.647.75- Ancho: 43 cm
- Alto: 16 cm
- Longo: 209 cm
- Peso: 35.90 kg
- Paquete(s): 1
LURÖY
Número de artigo501.602.08- Ancho: 23 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 70 cm
- Peso: 4.73 kg
- Paquete(s): 2
ÅKREHAMN
Número de artigo104.816.40- Longo: 146 cm
- Peso: 21.70 kg
- Diámetro: 42 cm
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para TÄLLÅSEN
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A miña idea con TÄLLASÅSEN era crear unha estrutura de cama tapizada feita con materiais, cores e cunha fabricación que a fixesen destacar con elegancia. Un produto cunha expresividade de seu que ofrece moitas posibilidades. Un exemplo é a cabeceira acolchada, xa que te podes apoiar contra ela con total comodidade, e tamén inclúe un estampado sutil que lle dá ao tecido unha textura e aspecto máis rico. Agardo que sexan moitas as persoas que aprecien a comodidade e personalidade de TÄLLÅSEN".

