Saltar

STOMSÖ Mesa de cabeceira de parede, efecto bidueiro branco/azul, 36x29x20 cm

29,99€
Os parafusos para o soporte de parede véndese por separado.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Unha mesa de cabeceira compacta cun sorprendente toque de cor e espazo de almacenaxe, tanto aberto como pechado. Conta con orificios para cables e queda moi ben con camas con almacenaxe, xa que se monta na parede.

Número de artigo705.678.05

Detalles do produto

STOMSÖ é unha mesa de cabeceira cun deseño sinxelo de madeira e metal, feita para cubrir a maioría das túas necesidades de almacenaxe.

O espazo de almacenaxe aberto e pechado axúdate a ter o cuarto en orde e permíteche ter todo á man dende a mañá ata a noite.

O caixón reversible inclúe unha fronte azul e outra de cor madeira para que poidas elixir o que deixar á vista e cambiala cando che apeteza. O interior do caixón tamén é de cor azul.

O deseño minimalista vese realzado pola lixeira inclinación da parte inferior do caixón, desta maneira a fronte serve de tirador para sacar o caixón.

Sen ruídos molestos. O caixón inclúe un revestimento de feltro para que o poidas abrir e pechar sen espertar a túa parella.

Tanto na parte superior como na inferior hai buratos para cables, para que así poidas ter as lámpadas de parede e os cargadores xusto onde os necesites sen marañas de cables no medio.

A mesa de cabeceira vai montada na parede, para que a poidas colocar á altura perfecta sen que che impida acceder ó espazo de almacenaxe debaixo da cama. Ideal tamén cando che toque limpar.

Aproveita os laterais de metal da mesa de cabeceira para personalizala con imáns e colocar notas, listaxes de tarefas pendentes ou frases inspiradoras.

Tamén podes colocar a mesa de cabeceira STOMSÖ nun recibidor pequeno se queres un lugar onde deixas as chaves ou a carteira.

Deseñador

Ellen Hallström

Número de artigo705.678.05

Información útil

O peso máximo que resiste un moble fixado á parede depende do material da parede.

Nota: as paredes resisten distintos pesos, segundo o tipo de material de construción. Unha parede de xeso, por exemplo, non resiste o mesmo peso que unha parede de madeira, cemento ou ladrillo.

Non inclúe parafusos para a montaxe na parede.

Baúl que serve de almacenaxe, non como asento.

Os parafusos para o soporte de parede véndese por separado.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Taboleiro superior/ Taboleiro inferior/ Fronte de caixón:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Panel lateral/ Traveseiro/ Caixón:
NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Para maior seguridade, tense de fixar á parede. Os distintos tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Utiliza as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (véndense por separado).

Medicións

  • fondo: 29 cm
  • Fondo de caixón (int): 24 cm
  • Distancia entre andeis: 10 cm
  • Altura: 20 cm
  • Altura caixón (int): 6.5 cm
  • Ancho: 36 cm
  • Ancho de caixón (int): 27 cm

Embalaxe

STOMSÖ

Número de artigo705.678.05
  • Ancho: 30 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 45 cm
  • Peso: 4.70 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
65Opinións

Accesorios para STOMSÖ

Funcionalidade

Unha mesa auxiliar sorprendente

A mesa auxiliar STOMSÖ vai colgada á parede, é pequena, compacta e ofrece un bo número de opcións de almacenaxe. Garda os teus obxectos en vertical ou horizontal nos espazos abertos e no caixón aquelas cousas que queiras ter á man pero que non queres que se vexan. Unha cousa que chama a atención é que os laterais están feitos dunha única peza de metal arqueado. É dicir, o deseño minimalista está integrado na estrutura, con detalles de madeira complementarios que lle confiren calidez.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Mentres deseñaba a mesa auxiliar STOMSÖ, a miña idea era combinar diversión e minimalismo para crear algo sinxelo e sutil. A mesa auxiliar loce inmaculada sen por iso deixar de ofrecen moitas opcións de almacenaxe e personalidade. O metal dobrado é resistente e facilita a montaxe. Pola súa parte, as superficies de madeira confírenlle unha sensación natural e amortecen o son cando colocas algo na mesa. É o material axeitado no lugar axeitado!"

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.