STOCKHOLM 2025 Armario port corr, ratán/piñeiro, 125x47x110 cm
Como conseguilo
Unha elegante homenaxe ao deseño escandinavo. O armario de vime STOCKHOLM 2025 presenta un fermoso acabado que lle dan un toque distintivo e natural a calquera espazo, e as asas de cobre realzan aínda máis a elegancia.
Detalles do produto
Artesanía de calidade con moita atención ao detalle e ás funcións.
O armario ten un espazo de almacenaxe aberto e amplo, sen divisores, para que tamén poidas gardar obxectos máis voluminosos.
As patas do armario pódense regular para corrixir posibles desniveis no chan e que se manteña firme.
Unha elección intelixente para as persoas con espazo limitado, xa que as portas corredizas non ocupan espazo ao as abrires.
Feito de ratán, un material natural, con estrutura e patas de piñeiro macizo, este armario ten un aspecto diáfano e achega calidez ao cuarto.
Nike Karlsson
Información útil
Non se inclúen ferraxes nin parafusos para fixar os mobles/obxectos á parede. Elixe as ferraxes ou parafusos axeitados para o material das paredes e que teña capacidade de suxeición suficiente.
O ratán é unha fibra natural que pode cambiar de cor co tempo.
Cada produto é unha creación artística única, realizada á man, con variacións naturais de forma e cor.
Posibilidade de separar para reciclar ou recuperar enerxía, se estiver dispoñible na túa zona.
Só para empregar no interior.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Pata/ Estrutura/ Taboleiro inferior/ Andel fixo:
- NOTRANS, NOTRANS
- Fibra trenzada:
- NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano húmido.
Secar cun pano seco.
Ratán: cerca dun radiador ou doutra fonte de calor, o material pode secar e deteriorarse.
Ao ratán convenlle unha contorna fresca e seca cunha temperatura constante.
Comproba con regularidade que as fixacións/parafusos estean ben apertadas e volve a apertalas ser for necesario.
As portas móvense mellor se fretares parafina ou unha candea branca sen cheiro contra as superficies da rañura. No caso de usar unha candea, asegúrate de o cheiro non atraer insectos.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
STOCKHOLM 2025 Armario port corr705.866.39STOCKHOLM 2025 Armario port corr705.866.39Consellos e instrucións de coidado
STOCKHOLM 2025 Armario port corr705.866.39STOCKHOLM 2025 Armario port corr705.866.39Medicións
- Ancho: 125.0 cm
- fondo: 47.0 cm
- Altura: 110.0 cm
- Peso máximo/andel: 30 kg
Embalaxe
STOCKHOLM 2025
Número de artigo705.866.39- Ancho: 47 cm
- Alto: 16 cm
- Longo: 131 cm
- Peso: 18.20 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 63 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 82 cm
- Peso: 6.20 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para STOCKHOLM 2025
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cada peza é única e permite crear estilos persoais. Consigue o xogo completo ou mestura as cousas ao teu gusto, cada peza ten unha personalidade marcada sen por iso esquecer que é parte de algo máis grande".






