STARKVIND / VINDSTYRKA Purificador/sensor calidade aire
Tamén precisarás
Como conseguilo
- Compatible con IKEA Home smart
Co purificador de aire STARKVIND poderás mellorar sensiblemente a calidade do aire interior. Pódese configurar manualmente, automaticamente ou tamén se pode conectar ao receptor DIRIGERA para controlalo desde a aplicación IKEA Home smart.
Detalles do produto
Este produto permíteche saber cal é a calidade do aire, a temperatura, a humidade, ou se hai presenza de partículas perniciosas e compostos orgánicos volátiles. Ideal para evitar que se forme mofo.
O purificador de aire pódese configurar no modo automático, o que significa que detecta automaticamente as partículas (PM2.5) no aire e regula a velocidade do ventilador para que ti poidas ocuparche das túas cousas.
Mellora o teu purificador de aire STARKVIND con este sensor e instálao no centro do cuarto, lonxe do purificador. Grazas a el poderás medir con maior precisión a calidade do aire.
Grazas a este sensor poderás medir a presenza de partículas perniciosas (PM2,5), a temperatura, a humidade relativa e os compostos orgánicos volátiles (tVOC) da túa casa.
A frecha indica se o nivel de tVOC está aumentando, diminuíndo ou se se mantén estable. tVOC son as siglas en inglés para "compostos orgánicos volátiles" derivados de, por exemplo, pintura, fumes da cociña ou vapores de produtos de limpeza.
Coas solucións domóticas de IKEA, poderás desfrutar dun fogar máis intelixente grazas ós produtos de iluminación, altofalantes, estores e produtos para mellorar a calidade do aire.
Podes durmir co purificador de aire aceso, xa que é moi silencioso nas velocidades de ventilación máis baixas. Se o conectas á aplicación IKEA Home Smart, tamén podes apagar a luz LED da unidade cando vaias durmir.
Información útil
Purifica o aire nun espazo de ata 20 metros cadrados, dependendo da velocidade á que estea o purificador.
Tardará máis tempo en purificar o aire se o cuarto ten máis de 20 metros cadrados. Podes utilizar máis purificadores para abranguer un espazo maior.
Este produto pertence á nosa gama de produtos intelixentes para a casa. Conéctao, acompañado doutros produtos, ó hub DIRIGERA e á aplicación IKEA Home smart para conseguir máis funcións que podes controlar desde calquera lugar, non só desde a casa.
As PM2,5 son pequenas partículas respirables que miden entre 0,1 e 2,5 micrómetros.
Cociñar e o uso de lumes abertos e aerosoles emiten partículas PM2.5 nocivas. Tamén poden penetrar a partir de aire pechado contaminado.
O filtro de partículas está optimizado para filtrar aproximadamente o 99,5 por cento das partículas máis pequenas no aire, como partículas PM2,5, po e pole.
O filtro de gas (véndese por separado) captura as substancias contaminantes, como o formaldehido, presente, por exemplo, en produtos de limpeza e en diferentes tecidos e materiais.
Podes configurar o purificador de aire en 5 velocidades diferentes e así adaptalo ás necesidades da túa casa, ou podes usalo en modo automático.
O sensor non emite sons cando está en funcionamento.
Comproba o filtro acotío para ver se está sucio. Ilumínase un indicador LED cando se precisa revisar os filtros e, posiblemente, substituílos. Recoméndase cambiar os filtros cada 6 meses.
O filtro de partículas axústase ás normas EN 1822-1 e ISO 29463-3, o que corresponde á clase EPA12.
Taxa de entrega de aire limpo (CADR) con filtro de partículas e de gas ou só con filtro de partículas: velocidade mínima de ventilador 45/50 m3/h, velocidade máxima de ventilador 240/260 m3/h.
Nivel de ruído con filtro de partículas e de gases ou só filtro de partículas: velocidade mínima do ventilador 24/24 dB, velocidade máxima do ventilador 51/53 dB.
Consumo de enerxía con filtro de partículas e de gases ou só filtro de partículas: velocidade mínima do ventilador 1,9/2 W, velocidade máxima do ventilador 25/33 W.
O adaptador USB véndese por separado.
Non é posible conectar este produto intelixente ao dispositivo de conexión TRÅDFRI.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
STARKVIND Mesa con purificador de aire805.019.51STARKVIND Mesa con purificador de aire805.019.51Información técnica
STARKVIND
Mesa con purificador de aire, chapa de carballo tinguida/marrón escuro intelixente
Número de artigo805.019.51| Tamaño recomendado da estancia | 20 m2 (215 sq ft) |
| CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de partículas | 55 - 270 m3/h |
| CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de gas e partículas | 50 - 240 m3/h |
| Potencia máxima | 33 W |
| Nivel de ruído só co filtro de partículas | 24 - 53 dB |
| Configuración de velocidade/modo automático | 1-5, Modo automático |
| Tipos de filtros dispoñibles | Filtro de partículas e filtro de gas |
| Tipo de filtro de partículas (incluído no paquete) | EPA 12 (EN 1822-1, ISO 29463-3) |
| Efectividade do filtro de partículas | 99,5% |
Medicións
- Altura de mesa: 55 cm
- Diámetro da mesa: 54 cm
- Lonxitude do cable de mesa: 1.5 m
- Largura do sensor: 52 mm
- Profundidade do sensor: 59 mm
- Altura do sensor: 87 mm
Embalaxe
STARKVIND
Número de artigo805.019.51- Ancho: 56 cm
- Alto: 25 cm
- Longo: 56 cm
- Peso: 9.35 kg
- Paquete(s): 1
VINDSTYRKA
Número de artigo004.982.31- Ancho: 9 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 10 cm
- Peso: 0.23 kg
- Paquete(s): 1







