Saltar

STARKVIND Purificador aire/filtro gas adic., negro

148,99€
Un purificador de aire IKEA STARKVIND gris nun soporte branco cun filtro escuro diante.
Purificador de aire circular gris escuro no soporte, con panel de filtro de malla na parte dianteira.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Co purificador de aire STARKVIND poderás mellorar sensiblemente a calidade do aire interior. Pódese configurar manualmente, automaticamente ou tamén se pode conectar ao receptor DIRIGERA para controlalo desde a aplicación IKEA Home smart.

Número de artigo794.442.16

Detalles do produto

O purificador e aire pódese configurar en modo automático, deste xeito detecta automaticamente as partículas (PM2,5) no aire e regula a velocidade do ventilador.

Utiliza o hub DIRIGERA e a app IKEA Home smart para aproveitar ó máximo o teu STARKVIND. Axusta a velocidade do ventilador, comproba a calidade do aire, configura temporizadores e crea escenarios con outros produtos intelixentes para o fogar.

Coa aplicación IKEA Home smart podes acender os purificadores de aire cando non esteas na casa para asegurarte de que a calidade do aire é boa cando chegues.

Podes durmir co purificador de aire aceso, xa que é moi silencioso nas velocidades de ventilación máis baixas. Se o conectas á aplicación IKEA Home smart, tamén podes apagar a luz LED da unidade cando vaias durmir.

Con asa integrada para facilitar o desprazamento entre estancias.

Número de artigo794.442.16

Información útil

Purifica o aire nun espazo de ata 20 metros cadrados, dependendo da velocidade á que estea o purificador.

Tardará máis tempo en purificar o aire se o cuarto ten máis de 20 metros cadrados. Podes utilizar máis purificadores para abranguer un espazo maior.

Este produto pertence á nosa gama de produtos intelixentes para a casa. Conéctao, acompañado doutros produtos, ó hub DIRIGERA e á aplicación IKEA Home smart para conseguir máis funcións que podes controlar desde calquera lugar, non só desde a casa.

O filtro de partículas está optimizado para filtrar aproximadamente o 99,5 por cento das partículas máis pequenas no aire, como partículas PM2,5, po e pole.

As PM2,5 son pequenas partículas respirables que miden entre 0,1 e 2,5 micrómetros.

O filtro de gas captura as substancias contaminantes, como o formaldehido, presente, por exemplo, en produtos de limpeza e en diferentes tecidos e materiais da casa

O filtro de gas axuda a reducir o cheiro do fume, da cociña e outros cheiros desagradables que poida haber na casa.

Podes configurar o purificador de aire en 5 velocidades diferentes e así adaptalo ás necesidades da túa casa, ou podes usalo en modo automático.

Podes agochar o cable dentro do purificador do aire para evitar que se embrolle.

Comproba o filtro acotío para ver se está sucio. Ilumínase un indicador LED cando se precisa revisar os filtros e, posiblemente, substituílos. Recoméndase cambiar os filtros cada 6 meses.

Coa aplicación IKEA Home smart podes conectarte a Amazon Alexa, Apple Home ou Google Home e utilizar os asistentes de voz que integran.

O purificador de aire inclúe un filtro de partículas e de gas para purificar o aire eliminando distintos contaminantes coa maior eficacia posible. Tamén podes mercar filtros adicionais de partículas e/ou de gas.

O filtro de partículas axústase ás normas EN 1822-1 e ISO 29463-3, o que corresponde á clase EPA12.

Taxa de entrega de aire limpo (CADR) con filtro de partículas e de gas ou só con filtro de partículas: velocidade mínima de ventilador 50/55 m3/h, velocidade máxima de ventilador 240/270 m3/h.

Nivel de ruído con filtro de partículas e de gases ou só filtro de partículas: velocidade mínima do ventilador 24/24 dB, velocidade máxima do ventilador 51/53 dB.

Consumo de enerxía con filtro de partículas e de gases ou só filtro de partículas: velocidade mínima do ventilador 1,9/2 W, velocidade máxima do ventilador 25/33 W.

Peso neto: 5,9 kg (co filtro de partículas e o filtro para gases instalado).

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Purificador de aire
Panel de cobertura:
NOTRANS, NOTRANS
Cobertura/ Parte inferior/ Panel de mando/ Pomo/ Esqueleto/ Gancho:
NOTRANS
Pé:
NOTRANS, NOTRANS
Filtro para a limpeza de gases
Marco:
NOTRANS
Recheo do núcleo:
NOTRANS

Información técnica

STARKVIND

Purificador de aire, negro/intelixente

Número de artigo605.020.13
Tamaño recomendado da estancia20 m2 (215 sq ft)
CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de partículas55 - 270 m3/h
CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de gas e partículas50 - 240 m3/h
Potencia máxima33 W
Tipos de filtros dispoñiblesFiltro de partículas e filtro de gas
Tipo de filtro de partículas (incluído no paquete)EPA 12 (EN 1822-1, ISO 29463-3)
Efectividade do filtro de partículas99,5%

Medicións

Embalaxe

Este produto ven en 2 paquete(s).

STARKVIND

Número de artigo605.020.13
  • Ancho: 56 cm
  • Alto: 25 cm
  • Longo: 56 cm
  • Peso: 7.83 kg
  • Paquete(s): 1

STARKVIND

Número de artigo804.881.29
  • Ancho: 28 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 36 cm
  • Peso: 0.33 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
58Opinións

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.