Co purificador de aire STARKVIND poderás mellorar sensiblemente a calidade do aire interior. Pódese configurar manualmente, automaticamente ou tamén se pode conectar ao receptor DIRIGERA para controlalo desde a aplicación IKEA Home smart.
Detalles do produto
O purificador e aire pódese configurar en modo automático, deste xeito detecta automaticamente as partículas (PM2,5) no aire e regula a velocidade do ventilador.
Utiliza o hub DIRIGERA e a app IKEA Home smart para aproveitar ó máximo o teu STARKVIND. Axusta a velocidade do ventilador, comproba a calidade do aire, configura temporizadores e crea escenarios con outros produtos intelixentes para o fogar.
Coa aplicación IKEA Home smart podes acender os purificadores de aire cando non esteas na casa para asegurarte de que a calidade do aire é boa cando chegues.
Podes durmir co purificador de aire aceso, xa que é moi silencioso nas velocidades de ventilación máis baixas. Se o conectas á aplicación IKEA Home smart, tamén podes apagar a luz LED da unidade cando vaias durmir.
Con asa integrada para facilitar o desprazamento entre estancias.
Información útil
Purifica o aire nun espazo de ata 20 metros cadrados, dependendo da velocidade á que estea o purificador.
Tardará máis tempo en purificar o aire se o cuarto ten máis de 20 metros cadrados. Podes utilizar máis purificadores para abranguer un espazo maior.
Este produto pertence á nosa gama de produtos intelixentes para a casa. Conéctao, acompañado doutros produtos, ó hub DIRIGERA e á aplicación IKEA Home smart para conseguir máis funcións que podes controlar desde calquera lugar, non só desde a casa.
O filtro de partículas está optimizado para filtrar aproximadamente o 99,5 por cento das partículas máis pequenas no aire, como partículas PM2,5, po e pole.
As PM2,5 son pequenas partículas respirables que miden entre 0,1 e 2,5 micrómetros.
O filtro de gas captura as substancias contaminantes, como o formaldehido, presente, por exemplo, en produtos de limpeza e en diferentes tecidos e materiais da casa
O filtro de gas axuda a reducir o cheiro do fume, da cociña e outros cheiros desagradables que poida haber na casa.
Podes configurar o purificador de aire en 5 velocidades diferentes e así adaptalo ás necesidades da túa casa, ou podes usalo en modo automático.
Podes agochar o cable dentro do purificador do aire para evitar que se embrolle.
Comproba o filtro acotío para ver se está sucio. Ilumínase un indicador LED cando se precisa revisar os filtros e, posiblemente, substituílos. Recoméndase cambiar os filtros cada 6 meses.
Coa aplicación IKEA Home smart podes conectarte a Amazon Alexa, Apple Home ou Google Home e utilizar os asistentes de voz que integran.
O purificador de aire inclúe un filtro de partículas e de gas para purificar o aire eliminando distintos contaminantes coa maior eficacia posible. Tamén podes mercar filtros adicionais de partículas e/ou de gas.
O filtro de partículas axústase ás normas EN 1822-1 e ISO 29463-3, o que corresponde á clase EPA12.
Taxa de entrega de aire limpo (CADR) con filtro de partículas e de gas ou só con filtro de partículas: velocidade mínima de ventilador 50/55 m3/h, velocidade máxima de ventilador 240/270 m3/h.
Nivel de ruído con filtro de partículas e de gases ou só filtro de partículas: velocidade mínima do ventilador 24/24 dB, velocidade máxima do ventilador 51/53 dB.
Consumo de enerxía con filtro de partículas e de gases ou só filtro de partículas: velocidade mínima do ventilador 1,9/2 W, velocidade máxima do ventilador 25/33 W.
Peso neto: 5,9 kg (co filtro de partículas e o filtro para gases instalado).
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Panel de cobertura:
- NOTRANS, NOTRANS
- Cobertura/ Parte inferior/ Panel de mando/ Pomo/ Esqueleto/ Gancho:
- NOTRANS
- Pé:
- NOTRANS, NOTRANS
- Marco:
- NOTRANS
- Recheo do núcleo:
- NOTRANS
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
STARKVIND Purificador de aire605.020.13STARKVIND Purificador de aire605.020.13Consellos e instrucións de coidado
STARKVIND Purificador de aire605.020.13STARKVIND Purificador de aire605.020.13STARKVIND Purificador de aire605.020.13Declaración de conformidade
STARKVIND Purificador de aire605.020.13Información técnica
STARKVIND
Purificador de aire, negro/intelixente
Número de artigo605.020.13| Tamaño recomendado da estancia | 20 m2 (215 sq ft) |
| CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de partículas | 55 - 270 m3/h |
| CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de gas e partículas | 50 - 240 m3/h |
| Potencia máxima | 33 W |
| Tipos de filtros dispoñibles | Filtro de partículas e filtro de gas |
| Tipo de filtro de partículas (incluído no paquete) | EPA 12 (EN 1822-1, ISO 29463-3) |
| Efectividade do filtro de partículas | 99,5% |
Medicións
Embalaxe
STARKVIND
Número de artigo605.020.13- Ancho: 56 cm
- Alto: 25 cm
- Longo: 56 cm
- Peso: 7.83 kg
- Paquete(s): 1
STARKVIND
Número de artigo804.881.29- Ancho: 28 cm
- Alto: 2 cm
- Longo: 36 cm
- Peso: 0.33 kg
- Paquete(s): 1







