- Compatible con IKEA Home smart
Co purificador de aire STARKVIND poderás mellorar sensiblemente a calidade do aire interior. Pódese configurar manualmente, automaticamente ou tamén se pode conectar ao receptor DIRIGERA para controlalo desde a aplicación IKEA Home smart.
Detalles do produto
O purificador e aire pódese configurar en modo automático, deste xeito detecta automaticamente as partículas (PM2,5) no aire e regula a velocidade do ventilador.
Utiliza o hub DIRIGERA e a app IKEA Home smart para aproveitar ó máximo o teu STARKVIND. Axusta a velocidade do ventilador, comproba a calidade do aire, configura temporizadores e crea escenarios con outros produtos intelixentes para o fogar.
Coa aplicación IKEA Home smart podes acender os purificadores de aire cando non esteas na casa para asegurarte de que a calidade do aire é boa cando chegues.
Podes durmir co purificador de aire aceso, xa que é moi silencioso nas velocidades de ventilación máis baixas. Se o conectas á aplicación IKEA Home smart, tamén podes apagar a luz LED da unidade cando vaias durmir.
Con asa integrada para facilitar o desprazamento entre estancias.
David Wahl
Información técnica
STARKVIND
Purificador de aire, branco/intelixente
Número de artigo504.619.42Tamaño recomendado da estancia | 20 m2 (215 sq ft) |
CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de partículas | 55 - 270 m3/h |
CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de gas e partículas | 50 - 240 m3/h |
Potencia máxima | 33 W |
Nivel de ruído só co filtro de partículas | 24 - 53 dB |
Configuración de velocidade/modo automático | 1-5, Modo automático |
Tipos de filtros dispoñibles | Filtro de partículas e filtro de gas |
Tipo de filtro de partículas (incluído no paquete) | EPA 12 (EN 1822-1, ISO 29463-3) |
Efectividade do filtro de partículas | 99,5% |
Medicións
- lonxitude do cable: 1.50 m
- fondo: 19 cm
- Altura: 53 cm
- Ancho: 51 cm
Opinións dos clientes

Un purificador de aire que se imbúe coa decoración
Os purificadores axudan a mellorar a calidade do aire dos fogares e iso mesmo é o que fan os purificadores de IKEA, coa diferenza de que os nosos combinan tecnoloxía con decoración. Cremos que a tecnoloxía ten que ser sinxela, económica e fácil de instalar na casa.
En todo o mundo, millóns de persoas respiran aire de mala calidade, e isto non só pasa nos espazos abertos, di Henrik Telander, que traballou con STARKVIND e outros produtos para mellorar a calidade do aire. "Moitas das actividades que realizamos nunha casa, como cociñar e utilizar produtos de limpeza, fan que se liberen un bo número de partículas que acabarán entrando en nós a través do nariz. O bo é que un purificador de aire pode absorbelas e filtralas".
Fácil de usar todos os días
A tarefa de Henrik e o seu equipo non era sinxela: os purificadores de aire tiñan que ser efectivos, eficientes enerxeticamente, silenciosos e funcionar cuns filtros que fosen fáciles de cambiar. O equipo valorou e comparou estes aspectos e probáronse un prototipo tras outro. "Queremos que as persoas poidan usar o seu purificador sempre que o precisen. Por iso nos centramos no custo total de ter e usar un dos nosos purificadores", explica Henrik.
Tecnoloxía que se difumina
Mais non abonda con purificadores fáciles de usar e que inclúan todas as especificacións técnicas, cremos que tamén teñen que combinar ben coa casa. "IKEA é unha empresa de decoración, polo que esta foi unha oportunidade única de transmitirlle aos nosos purificadores ese aspecto decorativo tan noso. STARKVIND é fácil de transportar e está pensado para decorar calquera peza da casa".