- Compatible con IKEA Home smart
Unha mesa auxiliar e un purificador de aire que mellora a calidade do aire interior. O STARKVIND pódese configurar manualmente, automaticamente ou tamén se pode conectar ao receptor DIRIGERA para controlalo desde a aplicación IKEA Home smart.
Detalles do produto
O purificador e aire pódese configurar en modo automático, deste xeito detecta automaticamente as partículas (PM2,5) no aire e regula a velocidade do ventilador.
Utiliza o hub DIRIGERA e a app IKEA Home smart para aproveitar ó máximo o teu STARKVIND. Axusta a velocidade do ventilador, comproba a calidade do aire, configura temporizadores e crea escenarios con outros produtos intelixentes para o fogar.
Coa aplicación IKEA Home smart podes acender os purificadores de aire cando non esteas na casa para asegurarte de que a calidade do aire é boa cando chegues.
Podes durmir co purificador de aire aceso, xa que é moi silencioso nas velocidades de ventilación máis baixas. Se o conectas á aplicación IKEA Home smart, tamén podes apagar a luz LED da unidade cando vaias durmir.
Podes agochar o cable nunha das patas da mesa e dentro do purificador de aire.
David Wahl
Información técnica
STARKVIND
Mesa con purificador de aire, chapa de carballo tinguida/branco intelixente
Número de artigo804.619.45Tamaño recomendado da estancia | 20 m2 (215 sq ft) |
CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de partículas | 55 - 270 m3/h |
CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de gas e partículas | 50 - 240 m3/h |
Potencia máxima | 33 W |
Nivel de ruído só co filtro de partículas | 24 - 53 dB |
Configuración de velocidade/modo automático | 1-5, Modo automático |
Tipos de filtros dispoñibles | Filtro de partículas e filtro de gas |
Tipo de filtro de partículas (incluído no paquete) | EPA 12 (EN 1822-1, ISO 29463-3) |
Efectividade do filtro de partículas | 99,5% |
Medicións
- lonxitude do cable: 1.50 m
- diámetro: 54 cm
- Altura: 55 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.


Purifica o aire e pousa a túa cunca
STARKVIND é unha mesa ou un purificador de aire? Ámbalas dúas cousas! En IKEA gústanos pensar de forma diferente para sacar o máximo partido de cada espazo. Unha forma de facelo é integrar dúas funcións nun só produto.
A idea de STARKVIND xurdiu cando Paul Larsson, un dos nosos enxeñeiros máis experimentados, que traballa con purificadores de aire, intercambiou ideas cos seus compañeiros. "Cos nosos coñecementos sobre mobles, temos unha oportunidade única de integrar a tecnoloxía no fogar e combinar materiais como plástico, metal, téxtiles e madeira dunha forma segura".
Non pasa nada se se derrama algo!
Pero que pasa se envorca o café e cae sobre ao purificador de aire? Por suposto que Paul e o equipo pensaron niso. "A clave é deter o goteo antes de que chegue ao ventilador do purificador de aire. En primeiro lugar, pensamos en colocar unha tira de goma debaixo do taboleiro, pero logo démonos conta de que podiamos quitala no canto de engadila". Debaixo do taboleiro, nótanse unhas finas rañuras na madeira. "O líquido acumúlase nas rañuras e pinga no chan, non no purificador de aire. Foi unha idea tan boa que a patentamos".
Esixentes probas de calidade
A combinación dun purificador de aire e unha mesa implicaba levar a cabo novas e esixentes probas de calidade. "Para estar á altura dos nosos estándares, STARKVIND tiña que ser quen de soportar unha presión de 100 quilos dende arriba en intervalos de 10 segundos e sometida a presión dende os laterais 10 000 veces. Todas as nosas mesas pasan por esas probas, pero non llas facemos aos purificadores de aire". Paul afirma que todo o desenvolvemento de produtos é un equilibrio entre as solucións prácticas e estéticas, e que no caso da STARKVIND parecía especialmente importante facelo ben. "Encántanos poder contribuír a que o aire en interiores sexa máis limpo con algo que se integre no fogar e que pase a formar parte del dun xeito natural".