SOLHETTA Lámpada LED E27 806 lumens, regulación intensidade luminosa/forma de globo branco ópalo
Como conseguilo
- Intensidade luminosa regulable
Esta eficiente e duradeira lámpada LED ten unha vida útil dunhas 25 000 horas e emite unha agradable luz branca cálida. Verás como as cores naturais adoptan outra forma.
Detalles do produto
As lámpadas LED son eficientes e duradeiras e teñen unha vida útil dunhas 25000 horas.
Esta lámpada LED difunde a mesma luz cálida que unha lámpada tradicional de 60 W, pero non parpadea nin fai ruído. Ideal para crear un ambiente agradable e acolledor.
O índice de reprodución cromática (IRC) dunha lámpada define o ben que a luz reflicte as cores reais. Un valor superior a 80 é óptimo e aproxímase a unha luz natural. Esta lámpada ten un índice de 90.
As lámpadas LED están dispoñibles en distintas temperaturas de cor. Desta forma podes elixir entre luces más ou menos cálidas. Esta lámpada en concreto emite unha luz branca cálida (2700 Kelvin).
Ilumina a toda potencia en canto acendes a lámpada.
Como a intensidade luminosa se pode regular, podes elixir a iluminación adecuada para cada ocasión.
IKEA of Sweden
Información técnica
SOLHETTA
Lámpada LED E27 806 lumens, regulación intensidade luminosa/forma de globo branco ópalo
Número de artigo204.986.40Nome de marca | IKEA |
Referencia de modelo | LED2012G6 |
Clase de eficiencia enerxética | D |
Consumo de enerxía da fonte de luz en modo acendido | 6 kWh/1.000 h |
Potencia nominal | 5.9 W |
Fluxo luminoso nominal | 806 lumens |
Vida útil da lámpada | 25000 h |
Medicións
- Temperatura da cor: 2700 K
- diámetro: 60 mm
- Fluxo luminoso: 806 lm
- Unidades: 2 pack
- efecto: 5.9 W
Opinións dos clientes

Máis luz con menos enerxía
Acumulas lámpadas na casa? Nunca se sabe cando podemos quedar sen luz, non si? Pois aquí remata a incerteza. A iluminación LED SOLHETTA dura máis tempo, consome menos enexía e todo a un prezo máis reducido. Esta é a nosa mellor iluminación... ata o de agora.
Pero como é posible crear algo de máis calidade a un prezo inferior? "En primeiro lugar, optimizamos a produción cando comprendemos o que a nosa clientela quería. Menos tipos de lámpadas implica unha produción economicamente máis eficiente", di Gizem Harut, creadora de produtos en Iluminación. "Coa axuda dos nosos fornecedores, podemos conseguir que os compoñentes das lámpadas estean en constante evolución".
Esquécete dos problemas de luz durante os vindeiros 20 anos
Investigamos e melloramos decontino as lámpadas LED desde a súa creación, pero SOLHETTA representa un claro avance. "Son un 25% máis eficientes enerxeticamente que as versións anteriores, polo que permiten aforrar na factura da luz". Outra das melloras é que cada lámpada dura máis, ata 25000 horas. "Poñamos que acendes a luz durante unhas 3 horas ao día, iso significa que non terás que cambiar a lámpada ata dentro de 20 anos. Tamén implica un aforro na produción de lámpadas e fontes de luz".
Máis cores naturais
As lámpadas e a iluminación en xeral é unha imitación da mellor fonte de luz que existe no universo, o sol. Tamén nos espazos pechados queremos unha luz da mellor calidade posible e o IRC (índice de reprodución da cor) é unha forma de medir como a luz reproduce as cores. Os valores van de 0 a 100 IRC, onde 100 é calidade de luz diúrna perfecta. "Con SOLHETTA fomos quen de mellorar a reprodución das cores das lámpadas e iluminación LED ata os 90 IRC en todos os tipos, menos nun que chega a 80 IRC. Transmite unha sensación máis natural e agradable e realza as verdadeiras cores do teu fogar".