Como conseguilo
5 ano de garantía
A túa mellor amiga na cociña cunha bandexa superior para os cubertos e espazo abondo para os utensilios máis grandes. Fácil de instalar debaixo do mesado. Cando a máquina estiver chea, abonda con poñela en marcha e tomar un café tranquilamente.
Detalles do produto
Cinco anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto da garantía.
Incorpora 9 programas distintos, entre eles un programa eco para aforrar auga e outro de mantemento para maior efectividade da máquina.
Con tres niveis, é máis amplo e resultarache máis doado organizar os pratos.
A función de inicio atrasado de até 24 horas permíteche poñer en marcha a lavalouza cando queiras.
Podes axustar o cesto superior para adaptalo aos vasos, recipientes e outros obxectos de maior altura.
Os soportes interiores para vasos e pratos pódense pregar, polo que poderás pregar os colgadoiros superior e inferior e así deixar espazo para obxectos grandes.
A opción de secado adicional aumenta a temperatura durante o enxaugado final e estende a fase de secado. Unha opción moi útil para secar obxectos de plástico.
Cara ao final do programa, a porta ábrese automaticamente e queda entreaberta para que os pratos sequen o máis rápido posible.
Unha lavalouza aforra auga e enerxía, en comparación co lavado á man, no que se adoita consumir ata 5 veces máis auga.
O sistema de corte de auga detecta calquera fuga e corta automaticamente o fluxo de auga.
Con indicador eléctrico de sal. O suavizante neutraliza a cal da auga para mellorar o resultado do lavado e evitar depósitos calcarios no lavalouzas.
IKEA of Sweden
Información técnica
SÖDERBODA
Lavalouzas integrado, IKEA 500 cor acinox, 60 cm
Número de artigo805.767.48Nome de marca | IKEA |
Referencia de modelo | SÖDERBODA 80576748 |
Clase de eficiencia enerxética | B |
Consumo de enerxía do programa eco | 66 kWh/100 ciclos |
Consumo de auga do programa eco | 9,5 L |
Duración do programa eco | 3:40 |
Capacidade nominal en número de cubertos estándar, para o programa eco | 16 x |
Emisións de ruído | 42 dB |
Medicións
- Ancho: 59.8 cm
- fondo: 57.5 cm
- Altura: 81.5 cm
- Altura máx. de instalación: 88.5 cm
- Altura mín. de instalación: 81.5 cm
- peso: 48 kg
Opinións dos clientes
Atopa o teu electrodoméstico perfecto!
Descubre a Guía de electrodomésticos IKEA, pensada para axudarte a atopar o electrodoméstico perfecto. Responde a unhas poucas preguntas sinxelas e guiarémoste ata o forno, frigorífico ou calquera outro electrodoméstico ideal para a túa casa. Comeza o proceso e escolle facilmente!