- 4 estacións
Edredón de 2 pezas separables que che permite variar a calidez segundo a estación. Mestura de algodón e poliéster de fácil coidado. Pódese lavar con frecuencia a temperatura elevada e seca rápido.
Detalles do produto
Un edredón apto para todas as estacións e de mantemento sinxelo, confeccionado nunha mestura de algodón e poliéster cun suave recheo de fibras ocas procedentes de materiais reciclados.
As fibras son suaves e lixeiras, e conservan o seu volume e capacidade de illamento. Deste xeito, o teu corpo transpirará correctamente e manterá unha temperatura constante durante toda a noite.
Este edredón proporciona o nivel perfecto de abrigo e calor durante todo o ano, xa que inclúe un edredón lixeiro e outro máis groso que podes usar xuntos ou por separado.
Ideal se queres variar a calidez do teu edredón segundo a estación.
O edredón pódese lavar á máquina a 60 ºC, unha temperatura que mata os ácaros do po.
Maja Ganszyniec
Medicións
- lonxitude: 200 cm
- Ancho: 150 cm
- peso de recheo 1: 450 g
- peso de recheo 2: 840 g
- Peso total 1: 1080 g
- Peso total 2: 1470 g
Opinións dos clientes
Material
Cómo coidar un edredón de poliéster
Cun pouco de amor poderás prolongar a vida do teu edredón de poliéster e facer que sempre luza fresco. Utiliza un deterxente suave e pon a lavadora no ciclo de delicados a 60 °C, a temperatura á que morren os ácaros. Evita utilizar lixivias e suavizantes. Os edredóns de poliéster pódense secar ó aire libre ou na secadora. Ventila o edredón con frecuencia, se é posible en contacto directo coa luz do sol.
Funcionalidade
Edredón de 2 pezas que che permite adaptarte á temperatura de cada estación.
Grazas a este edredón 3 en 1 poderás abrigarte en función da temperatura de cada momento. Inclúe un edredón máis fresco e outro máis cálido, para que poidas adaptarte ás temperaturas típicas de cada estación. Podes utilizalos por separado ou xuntos para abrigarte nas noites máis frías.