Saltar

SKYTTA / HOKKSUND Combinación de porta corrediza

800€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 10 ano de garantía

10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.

Número de artigo194.240.42

Detalles do produto

Abre a solución no planificador si queres cambiar o tamaño ou a cor dos rieles, a estrutura da porta ou os paneis. Ademais, podes engadir e quitar portas ata dar coa solución idónea.

Podes montar as portas na orde que queiras. Só lembra que é importante que chegues a todo o que está gardado detrás.

Número de artigo194.240.42

Información útil

É posible instalar as portas, aínda que se sobrepoñan lixeiramente. Así e todo, non o recomendamos cos paneis transparentes, xa que se verá que as portas están sobrepostas ao pechalas.

Son necesarias 2 persoas para montar esta solución. Recomendamos contratar a montadores profesionais.

Os carrís e os marcos para portas SKYTTA están dispoñibles en branco, negro e aluminio.

Podes abrir 1 porta ao mesmo tempo, ou deslizar 2 portas detrás dunha terceira.

Para as portas corredizas funcionaren correctamente, é moi importante que o teito e o chan sexan completamente lisos e estean ben aliñados.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Estrutura porta corrediza/Estrutura de porta corrediza 4 pane/kit fixacións para guía triple/lote fixacións porta central/guía estrutura porta corrediza

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Barra de tope, 3 guías, cnxto 2

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Medicións

  • Altura: 240 cm
  • Ancho: 226 cm
  • grosor: 2.7 cm
  • profundidade para encaixar: 12.2 cm

Embalaxe

Este produto ven en 11 paquete(s).

SKYTTA

Número de artigo804.977.32
  • Ancho: 14 cm
  • Alto: 5 cm
  • Longo: 234 cm
  • Peso: 6.42 kg
  • Paquete(s): 3

HOKKSUND

Número de artigo703.823.50
  • Ancho: 58 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 84 cm
  • Peso: 6.78 kg
  • Paquete(s): 3

SKYTTA

Número de artigo805.000.65
  • Ancho: 18 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 29 cm
  • Peso: 0.66 kg
  • Paquete(s): 1

SKYTTA

Número de artigo605.000.66
  • Ancho: 6 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 28 cm
  • Peso: 0.17 kg
  • Paquete(s): 1

SKYTTA

Número de artigo805.126.43
  • Ancho: 13 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 205 cm
  • Peso: 9.11 kg
  • Paquete(s): 2

SKYTTA

Número de artigo805.132.37
  • Ancho: 12 cm
  • Alto: 4 cm
  • Longo: 242 cm
  • Peso: 7.72 kg
  • Paquete(s): 1
Dormitorio moderno con gran armario branco, cadeira negra, espello redondeado na parede rosa e roupa de cama gris.

Máis espazo, máis opcións

Todos os fogares, grandes ou pequenos, teñen retos de seu. Nalgúns é a falta de espazo, noutros é o feito de combinar diferentes funcións nun único espazo diáfano. Co sistema SKYTTA de portas corredizas poderás crear como por arte de maxia un despacho na sala de estar ou un amplo vestiario no dormitorio.

En todo o mundo hai xente á que se lle ocorren solucións moi creativas para aproveitar ao máximos os metros cadrados dos que dispoñen. Dividen as estancias con librerías, e agochan roupa e obxectos voluminosos detrás das cortinas. "Con SKYTTA, queriamos atopar unha solución de altura completa máis estable, que fose flexible e económica", explica Fabio Picolato, que participou no traballo de desenvolvemento.

Tirar máis partido do que temos

A resposta estaba nos nosos armarios PAX, ou máis ben nas súas portas corredizas de aluminio. "Abofé que tiñamos que axustar algúns detalles, como as guías do chan e teito, pero a técnica e a cadea de produción xa estaban en marcha, o que nos axudou a aforrar tempo e a manter o prezo reducido." Do mesmo xeito que co armario PAX, podes engadirlle o teu propio estilo elixindo a cor, o acabado e a expresión das portas. SKYTTA está dispoñible en dúas anchuras e dúas alturas. Se ningunha delas se axusta ao teu espazo, recomendámosche que lle solicites ao noso servizo de montaxe ou a un profesional que che axude a axustar as portas corredizas.

Espazo para relaxarse

Unha cousa é segura: a vida nunca é igual e as necesidades cambian. Pero se a familia crece ou se tes demasiadas cousas, hai máis solucións ademais de cambiar de casa. Fabio sinala que con SKYTTA tes espazo para novas funcións e consegues a calma que precisas neste mundo tan axitado. "A comodidade non consiste só en ter unha boa cama ou un sofá cómodo, senón tamén en poder relaxarse e non distraerse con outras cousas nin ruídos fortes".

Máis información

Funcionalidade

Portas corredizas para calquera espazo

Aforra espazo, crea espazo novo ou oculta espazo coas portas corredizas SKYTTA. Os marcos e raís das portas están dispoñibles en tres colorees diferentes e combínanse con paneis da gama PAX para crear unha solución persoal. Están fabricadas para colocarse entre o teito e o chan, polo que non se necesitan bastidores de armario, e son compatibles con calquera dos nosos sistemas de almacenamento que se adapte ao teu espazo. Ou utilízaos como separador de ambientes. Elixe unha porta elegante e minimalista ou unha porta de cristal de aspecto industrial para marcar o estilo da túa habitación.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.