Transformar as acuarelas de Stina en preciosos estampados téxtiles e produtos para o deseño de interiores esixiu unha colaboración estreita co equipo encargado dos tecidos. "Había que atopar a escala axeitada para que os motivos encaixasen, por exemplo, nun coxín, e pescudar a repetición, é dicir, como debía propagarse o padrón polo tecido". Outro aspecto importante foi calibrar as cores para que o resultado coincidise coa planificación. "Este traballo, mesmo nas súas fases dixitais, ten o seu aquel de artesanía. Cómpre precisión e mais unha ampla experiencia para chegar ao punto exacto", expresa Karin.
Os pétalos de tonalidades azuis levarán o verán á túa casa durante todo o ano. As cortinas SKOGSNÄSSLA, feitas de lyocell e cánabo, filtran sutilmente a luz e presentan unha caída característica do liño. Axústanse tanto a barras como a raís.
Detalles do produto
O tecido reduce o paso de luz e os reflexos. Proporciona unha agradable sensación de privacidade grazas á súa opacidade. Pola noite, é posible percibir siluetas dende o exterior se a estancia está iluminada.
A estrutura irregular do cánabo mellora a resistencia do tecido e o lyocell, que é un material dunha suavidade natural, fai que presente unha textura ondulada e suave e unha caída fermosa.
As cortinas con cinta de prego permítenche pendurar as cortinas directamente na barra de cortina usando as dobras ou lapelas. Tamén podes articular a cortina con guías de raíl usando aneis e ganchos.
O sistema de guías VIDGA sostén as cortinas con cinta de engurrar utilizando deslizadores e ganchos. Se o combinas cos ganchos RIKTIG, poderás expoñer as cortinas con elegancia. Grazas á súa versatilidade, VIDGA pode montarse na parece e no teito.
Pon ganchos RIKTIG na cinta da parte superior para crear pregos.
O uso de aneis e ganchos adoita dar unha sensación máis formal e elegante ocultando as ferramentas.
Stina Persson
Información útil
Cortina, inclúe 1 par.
Para determinar o largo do total das cortinas que precisas, multiplica a lonxitude da barra/vara por 1,5 para unha sensación lene e lixeira, por 2 para un aspecto estándar e por 2,5 para un aspecto máis rico e amplo.
Para determinar o número de cortinas que precisas, divide a lonxitude da barra/vara polo largo dunha cortina. Arredondea o resultado.
Ideal para combinar con cortinas escurecedoras ou opacas ou persianas de rolo para cando queiras limitar ou bloquear a cantidade de luz que entra na estancia.
Podes empregar a tira para bastas SY para acurtares as cortinas sen necesidade de coser.
O tecido encolle ao lavalo, polo que é boa levar as cortinas antes de cortalas/facerlle a basta.
Normalmente, recoméndanse 16 argolas e ganchos por cada cortina de 145 cm de largura. Podes aumentar ou diminuír o número, en función de se queres un plisado coas dobras máis estreitas ou máis amplas.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Non limpar en seco.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
SKOGSNÄSSLA Cortina, 1par006.276.24Medicións
- Largura/cortina: 145 cm
- lonxitude: 280 cm
- superficie: 4.06 m²
- peso: 2.30 kg
- Ancho: 145 cm
Embalaxe
SKOGSNÄSSLA
Número de artigo006.276.24- Ancho: 19 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 28 cm
- Peso: 2.58 kg
- Paquete(s): 1
Accesorios para SKOGSNÄSSLA
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Un toque floral cheo de frescura
Os estampados florais seguen a ocupar un lugar destacado no deseño de interiores. Nesta ocasión, porén, queríamos explorar esta temática atemporal dende unha óptica nova. Co estilo expresivo da deseñadora gráfica Stina Persson, sentimos que íamos por bo camiño. O resultado é unha colección conxuntada de flores abstractas e liñas suaves e amplas que unen como un fío vermello cortinas, coxíns e roupa de cama.
"Stina traballa coas acuarelas utilizando un estilo divertido e gráfico que achega unha sensación refrescante e chea de emoción", afirma Karin Dahlström, coordinadora de deseño dos nosos tecidos. "Démoslle algunhas indicacións, como a paleta de cores que debía usar e os produtos que debía incluír. A colección debía ir conxuntada, ser funcional durante todo o ano e poder combinarse co resto das nosas gamas para sala de estar e mais dormitorio".
De pinceladas a estampados téxtiles
Expresión para a xanela
Os padróns máis grandes e atrevidos a miúdo acaban nos coxíns e mais nos elementos decorativos, mais neste caso escollemos utilizar algúns deles nas cortinas SKOGSNÄSSLA e PELARKÖRSBÄR. "Cando vimos as magníficas pinturas de Stina, o que queríamos era que salientasen", lembra Karin, que desenvolveu unha nova estima pola acuarela mentres traballaba coa colección. "Imaxina como unha soa cor é capaz de ter tantos tons diferentes solo por como está mesturada. A acuarela é realmente expressiva e definitivamente é capaz de facer unha contribución única aos interiores".
Funcionalidade
O tecido reduce o paso de luz
O tecido atenúa a cantidade de luz que entra na estancia e reduce os reflexos. Crea unha agradable sensación de privacidade, xa que non deixan ver desde fóra o que hai dentro. Pola noite, cando a estancia está iluminada, é posible percibir as formas e siluetas do interior desde fóra.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Inspirada nos deseños imprevistos da natureza, a colección de téxtiles Primavera 2026 captura a unión de formas e cores máxicas, que interactúan de maneira sorprendente e harmoniosa. Utilicei tinta e acuarelas para darlles vida a estes materiais, adaptados á perfección para pintar pétalos e follas delicadas. Como sueca, após un longo inverno agardo cos brazos abertos a chegada das cores verdes e do tempo da floración e teño a esperanza de que esta colección leve un chisco de cor e de verdor ao interior dos vosos fogares".









