Como conseguilo
5 ano de garantía
Un auténtico heroe! Este frigorífico/conxelador integrado de gran capacidade arrefría rapidamente os alimentos, mantendo a humidade perfecta para as verduras e a refrixeración axeitada para que as carnes aguanten máis tempo.
Detalles do produto
5 anos de garantía de balde. Consulta as condicións no folleto da garantía.
A tecnoloxía "no-frost" impide a formación de xeo e de carouxo tanto nos alimentos como no frigorífico ou conxelador.
O ventilador de refrixeración fai circular o aire para acadar unha temperatura uniforme en todo o frigorífico e, así, aproveitar ao máximo cada recuncho.
Activa a función de refrixeración rápida para arrefriar os alimentos cando chegues da compra protexendo así o que xa tiveses dentro e evitando que aumente a temperatura da neveira.
Para conxelar axiña alimentos que acabes de meter no conxelador, activa a función de conxelado rápido. Deste xeito conservarase todo o sabor e evítase que se queza o resto dos alimentos que están no conxelador.
Atoádesvos xunto a neveira? Se a porta queda aberta, soará unha alarma para lembrarvos que a pechades antes de que aumente a temperatura e se estrague a comida.
O caixón de humidade axustable permite controlar os niveis de humidade para que as froitas e verduras se manteñan frescas durante máis tempo.
O caixón de baixa temperatura mantén os alimentos a 1-2 °C menos que o resto do frigorífico para conservar as carnes, peixes e bebidas nas mellores condicións.
O botelleiro de aceiro inoxidable permíteche gardar as botellas xusto baixo o estante para aforrares espazo. Ao ter reixas de ventilación por detrás, mantéñense perfectamente refrixeradas.
Os estantes axustables permítenche gardalo todo, dende grandes recipientes de comida ata pequenos tarros, así poderás aproveitar ao máximo o espazo e telo todo á vista e ao alcance.
Os compartimentos axustables da porta teñen capacidade para infinidade de cousas, dende botellas grandes ata cubiños de caldo, para que poidas aproveitar o espazo e acceder a todo facilmente.
O modo vacacións evita que se xeren cheiros na neveira cando esteas fóra, mentres que o conxelador segue funcionando normalmente.
Con só un toque, a pantalla táctil permite comprobar e axustar as temperaturas e outras funcións importantes.
A iluminación LED integrada dá luz a cada recuncho para que che resulte máis doado atopar o que precises. Ten, ademais, a mesma vida útil que o frigorífico.
IKEA of Sweden
Información útil
Inclúense 3 baldas regulables.
Inclúe un portabotellas.
Inclúe 1 compartimento para baixa temperatura.
O produto inclúe 1 caixón con control de humidade.
Bandexa do conxelador de fácil acceso.
O conxelador inclúe dous caixóns.
Completar coa bisagra UTRUSTA de 95 °, que se vende á parte.
Estrutura de armario alto con reixa de ventilación, portas, zócalo e tiradores véndense á parte.
Podes montar as portas á dereita ou á esquerda.
Este frigorífico/conxelador integrado debe instalarse nun armario de cociña.
Atoparás información completa sobre a instalación e uso deste produto na pestana Instrucións de montaxe e documentos.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Encontrarás información sobre o coidado deste produto debaixo da etiqueta Instrucións e documentos de montaxe.
Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.
Limpa con frecuencia o interior da porta do frigorífico/conxelador cun pano suave con agua morna e xabón.
Revisa con frecuencia as xuntas das portas e límpaas cando for necesario.
Non utilices disolventes nin produtos abrasivos para limpar o frigorífico/conxelador.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
SKOGSNÄS Frigorífico/conxelador105.728.76SKOGSNÄS Frigorífico/conxelador105.728.76Consellos e instrucións de coidado
SKOGSNÄS Frigorífico/conxelador105.728.76SKOGSNÄS Frigorífico/conxelador105.728.76Información técnica
SKOGSNÄS
Frigorífico/conxelador, IKEA 700 integrado, 213/87 l
Número de artigo105.728.76| Nome de marca | IKEA |
| Referencia de modelo | SKOGSNÄS 10572876 |
| Clase de eficiencia enerxética | C |
| Consumo anual de enerxía | 157 kWh/ano |
| A suma dos volumes do(s) compartimento(s) conxelador(es) | 87 L |
| A suma dos volumes do(s) compartimento(s) de refrixeración | 213 L |
| Conxelador con clasificación de estrelas | 4 |
| Clasificación climática | |
| Emisións de ruído | 35 dB |
Medicións
- Ancho: 540 mm
- fondo: 550 mm
- Altura: 1977 mm
- Volume frigorífico: 213 l
- Volume conxelador: 87 l
- peso: 70.00 kg
- lonxitude do cable: 2500 mm
- Volume total: 300 l
Embalaxe
SKOGSNÄS
Número de artigo105.728.76- Ancho: 61 cm
- Alto: 58 cm
- Longo: 206 cm
- Peso: 88.00 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Funcionalidade
Despídete do xeo!
Cansaches de sacar comida conxelada do fondo do frigorífico ou do conxelador? Non tes tempo para descoxelar? A tecnoloxía "no-frost" pode axudarte. Regula intelixentemente a humidade para impedir que se acumule o xeo e a carouxo tanto no interior do electrodoméstico como na comida. Esquécete dos pequenos desastres de desconxelación. Déixallo ao teu frigorífico/conxelador. Aforrarás tempo e manterás os teus alimentos frescos.









