Saltar

SKOGSKLÖVER Estor, verde, 100x195 cm

34,99€
A vara RIKTIG véndese por separado.
Unha persiana sen fíos SKOGSKLÖVER con filtro de luz en branco, feita de poliéster reciclado, cunha función de peche suave.
Persiana gris SKOGSKLÖVER con deseño sen fíos de peche suave.
Persiana SKOGSKLÖVER en verde claro, sen fíos, peche suave.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Cortina

Un estor discreto que filtra a luz exterior e crea un ambiente agradable no cuarto. Grazas ao seu mecanismo de peche, o estor levántase devagar e, o máis importante, non ten cordóns, co que coida da seguridade dos teus fillos.

Número de artigo204.510.15

Detalles do produto

O tecido fino deixa entrar a luz e proporciona privacidade. Tamén permite intuír o que pasa no mundo exterior.

O estor non leva cordas para a seguridade dos cativos.

Pódese montar no interior ou no exterior do cadro dunha xanela ou no teito.

O estor enrólase paseniño e sen facer ruído grazas á función de peche suave.

Non é necesario cambiar os accesorios nin facer buracos novos cando cambies os estores. Os soportes para parede/teito incluídos adáptanse aos estores celulares HOPPVALLS e TRIPPEVALS e ao estor enrolable SKOGSKLÖVER.

Deseñador

David Wahl

Número de artigo204.510.15

Información útil

Contén ferraxes de parede.

Os distintos materiais de teitos/paredes requiren distintos tipos de ferraxes de fixación. Usa ferraxes de fixación axeitadas para os teitos/paredes da túa casa, que se venden por separado.

O estor non se pode cortar.

A vara RIKTIG axúdache a abrir/pechar o estor.

A vara RIKTIG véndese por separado.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Barra superior/ Barra inferior:
NOTRANS, NOTRANS
Tea:
NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

SKOGSKLÖVER Estor, verde, 100x195 cm
SKOGSKLÖVER Estor204.510.15SKOGSKLÖVER Estor204.510.15

Medicións

  • Ancho tea: 100 cm
  • Longo rolo: 103.4 cm
  • lonxitude: 195 cm
  • superficie: 1.95 m²

Embalaxe

SKOGSKLÖVER

Número de artigo204.510.15
  • Ancho: 7 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 112 cm
  • Peso: 1.16 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.2Valoración media
1654Opinións

Accesorios para SKOGSKLÖVER

Material

Que é o poliéster reciclado?

Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.

Funcionalidade

Estores e estores intelixentes, uso seguro para todas as idades

Dispoñemos dunha ampla variedade de estores enrolables, estores pregables, estores celulares e estores plisados que podes montar para que peche de arriba abaixo ou de abaixo arriba. Tamén temos estores sen fíos intelixentes. Todos os nosos estores veñen sen cordóns ou con cordóns integrados no deseño para que os máis pequenos os poidan usar con seguridade.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.