Saltar

SILVERLÖNN Cortina, par, branco/con cinta de prego, 145x150 cm

14,99€

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Cortina

As cortinas finas SILVERLÖNN en branco deixan pasar a luz, reducen o impacto dos raios do sol e evitan os lampexos. Fermosa textura aliñada en 100% algodón. Fácil de combinar e ideal para solucións superpostas.

Número de artigo705.728.83

Detalles do produto

O tecido fino propaga a luz do día e suaviza o reflexo en televisores e pantallas. Estarás en conexión co mundo exterior e notarás esa sensación de privacidade durante o día. Ideal para solucións superpostas con cortinas ou estores.

Durante o día pódense percibir as formas e siluetas do interior desde fóra. Pola noite, coa luz da estancia acesa, pode verse o que hai dentro desde fóra.

O algodón é un material natural, resistente e suave que require poucos coidados e que se pode lavar á máquina.

As cortinas con cinta de prego permítenche pendurar as cortinas directamente na barra de cortina usando as dobras ou lapelas. Tamén podes articular a cortina con guías de raíl usando aneis e ganchos.

O uso de aneis e ganchos adoita dar unha sensación máis formal e elegante ocultando as ferramentas.

Pon ganchos RIKTIG na cinta da parte superior para crear pregos.

A cinta de engurrar e a cortina son da mesma cor.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo705.728.83

Información útil

Cortina, inclúe 1 par.

As cortinas véndense por pares. Os tamaños sinalados fan referencia a cada cortina. Para saber a largura total, multiplica por dous a largura de cada cortina.

Podes empregar a tira para bastas SY para acurtares as cortinas sen necesidade de coser.

Normalmente, recoméndanse 16 argolas e ganchos por cada cortina de 145 cm de largura. Podes aumentar ou diminuír o número, en función de se queres un plisado coas dobras máis estreitas ou máis amplas.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

100% algodón

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á maquina a 30 ºC coma máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.

Non limpar en seco.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

SILVERLÖNN Cortina, par705.728.83

Medicións

  • lonxitude: 150 cm
  • Ancho: 145 cm
  • superficie: 2.18 m²
  • Unidades: 2 pack

Embalaxe

SILVERLÖNN

Número de artigo705.728.83
  • Ancho: 19 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 28 cm
  • Peso: 0.72 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.2Valoración media
1466Opinións

Accesorios para SILVERLÖNN

Material

Que é o algodón?

O algodón é unha das fibras naturais máis apreciadas e utilizadas do mundo. Os tecidos de algodón son suaves, resistentes e pódense lavar a altas temperaturas. Tamén respiran ben e absorben a humidade, polo que son agradables de levar preto do corpo. Hoxe en día, en IKEA utilizamos cada vez máis algodón reciclado e esforzámonos por asegurarnos de que todo o algodón novo que utilizamos cultivouse e producido con cantidades cada vez menores de pesticidas, fertilizantes e auga.

Funcionalidade

Tecido fino

Os tecidos finos difuminan a luz do día que entra nunha estancia cando fóra hai máis luz e reduce os reflexos sobre as pantallas. Transmiten a sensación de estarmos conectados ó mundo exterior. Polo día, a xente que estea fóra poderá percibir as formas e a siluetas que haxa no interior, pero pola noite, cando a estancia estea iluminada, a privacidade será nula. Os tecidos finos son ideais para solucións en varias capas.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.