Saltar

SEGRARE Escritorio sentado/de pé, gris escuro, 110x60 cm

99,95€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Traballas na casa? A mesa de pé/sentado SEGRARE facilitarache as cousas. Utiliza a manivela para axustar a altura e desfruta dun lugar de traballo mellor, mesmo en espazos máis reducidos.

Número de artigo405.347.03

Detalles do produto

Podes axustar a altura da mesa entre os 75 e os 125 cm coa manivela ata dar coa posición que che resulte máis cómoda.

Permíteche traballar de pé ou sentado, cambiando de posición durante a xornada e para sentíreste mellor mentres traballas.

Cando non a empregues, agocha a manivela baixo o taboleiro.

É axeitado para destros e zurdos, porque a manivela pode montarse á dereita ou á esquerda.

Os bordos lixeiramente arredondados reducen o risco de mancarvos se ti, a túa filla ou o teu fillo batedes contra a mesa.

Como as patas se poden regular, o escritorio mantense estable mesmo en superficies irregulares.

O escritorio para traballar sentado/de pé non necesita electricidade, polo que o podes colocar onde queiras sen cables polo medio.

O escritorio ten un deseño sinxelo fácil de combinar co resto da decoración.

Deseñador

Zhelin Lian

Número de artigo405.347.03

Información útil

Pode completarse coa canle SIGNUM para manter todos os cables en orde.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Taboleiro:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Viga central/ Bordo longo:
NOTRANS, NOTRANS
Pata/ Manivela:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Mango:
NOTRANS
Mango:
NOTRANS, NOTRANS
Pés:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Para maior estabilidade, volve apertar os parafusos unhas dúas semanas despois da montaxe e cando sexa preciso.

Seguridade e conformidade

Este escritorio foi deseñado e probado para garantir un uso profesional e cumpre cos requisitos de seguridade, solidez e estabilidade das seguintes normas: EN 527-2.Este escritorio foi deseñado e probado para garantir un uso profesional e ocasional e cumpre cos requisitos de seguridade, solidez e estabilidade das seguintes normas: ANSI/BIFMA X6.5.

Medicións

  • Peso máximo: 40 kg
  • Ancho: 110 cm
  • fondo: 60 cm
  • altura máxima: 125 cm
  • altura mínima: 75 cm

Embalaxe

SEGRARE

Número de artigo405.347.03
  • Ancho: 65 cm
  • Alto: 9 cm
  • Longo: 114 cm
  • Peso: 26.70 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.4Valoración media
52Opinións

Accesorios para SEGRARE

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.