Mais como se consegue ese tecido fino e aveludado? "O veludo elabórase empregando unha técnica especial coa que se tecen dúas capas de tecido á vez", explica Åsa. "Un fío adicional, o pelo, pasa polo medio destas capas, e cando se separan as capas terminadas aparece a superficie suaviña". A densidade e mais a altura do pelo depende do espesor e lonxitude do fío, así como da proximidade á que se tece a tea. "A súa densidade e mais espesor fai que o veludo sexa ideal para o deseño de interiores. Unha cortina de veludo non só axuda a amortecer o son e a illar contra o frío e a calor, senón que ademais ofrece unha caída elegante distintiva. Normal que sexan tan prezadas no escenario dos teatros".
Complétao con
Como conseguilo
Recoller 1 puntos con
- Algodón
A funda de coxín SANELA en veludo de algodón en marrón escuro ten un lustre delicado e un tacto suave e luxoso. Combínao con coxíns con outros deseños ou coas fundas SANELA de cores lisas... e por que non cunhas cortinas SANELA?
Detalles do produto
O veludo de algodón realza a cor e é suave ao tacto.
A funda de coxín SANELA está dispoñible en diversas cores e resulta doada de combinar con outros téxtiles da nosa gama.
A funda de coxín ten unha cremalleira agochada e é fácil de quitar e lavar.
IKEA of Sweden
Información útil
Para coxíns de recheo de 50x50 cm.
O coxín interior véndese á parte.
Este produto é axeitado para lugares públicos como cafeterías, locais comerciais e áreas de recepción de oficinas grazas ao seu deseño duradeiro e aos materiais optimizados para o uso frecuente e a limpeza periódica.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
100% algodón (mín. 20% reciclado)
Mantemento
Lavar á maquina a 30 ºC coma máximo, tratamento normal.
Darlle a volta do revés á tapizaría e pechar as cremalleiras antes do lavado.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Non limpar en seco.
Pasar o ferro con vapor polo reverso para alisar os pregos.
Medicións
- lonxitude: 50 cm
- Ancho: 50 cm
Embalaxe
SANELA
Número de artigo906.360.25- Ancho: 12 cm
- Alto: 4 cm
- Longo: 18 cm
- Peso: 0.16 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para SANELA
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Unha historia de suavidade do veludo
O veludo tivo unha viaxe longa e tortuosa. Tecida nos inicios a partir da seda pura da antiga China, posteriormente adornou os pazos da Europa renacentista. Trátase dun tecido tan prezado que só os ricos e poderosos tiñan acceso a el. Hoxe en día, o veludo faise habitualmente con algodón, mais segue a ser valorado pola textura suave e atemporal que achega ao fogar. Este é o caso, por exemplo, dos nosos coxíns e cortinas da serie SANELA.
"Cando se comezou a facer veludo con algodón durante a industralización en Europa, o tecido fíxose accesible para moitas máis persoas á vez que mantiña a súa superficie suave e unha caída preciosa", afirma Åsa Hederberg, que traballa cos nosos tecidos. "Na actualidade, tamén podemos ver veludo feito con poliéster, unha opción moi resistentes e especialmente apta para os tapizados".
O segredo do veludo
Atemporal e fácil de combinar
A serie SANDELA é un eterno clásico que se actualiza ocasionalmente con novas cores, sempre a xogo cos demais tecidos. "Os nosos coxíns e cortinas de veludo serven como base sobre a que podes traballar con outros tecidos. Quizáis che apeteza engadir estampados ou algo con máis textura para crear un interior persoal e dinámico". O veludo chegou dos pazos reais aos fogares modernos e converteuse nun elemento de luxo cotián moi querido.
Material
Veludo de algodón como ningún outro
A suavidade sen rival e a sensación de opulencia do veludo, feito 100% de algodón, dálle un toque de elegancia a calquera espazo. O seu pelo groso captura a luz e revela unha profundidade rica de cores que se espalla por toda a estancia. Feito con resistentes fibras de algodón e cunha trama compacta, este veludo é resistente e duradeiro e mantense fresco e fermoso durante moitos anos. Unha mestura perfecta de estilo e calidade duradeira feita para soportar o paso do tempo.



















