Saltar
Novidade

SANELA Funda de coxín, azul escuro, 65x65 cm

14,99€
O coxín interior véndese á parte.

Escolle cor:

Azul escuro
  • SANELA almofada cadrada de veludo azul. Deseño sinxelo, toque suave, cuberta de algodón.
  • SANELA Funda de coxín, azul escuro, 65x65 cm
  • Cuberta de coxín de veludo crema SANELA, cadrada con peche de cremalleira.
  • SANELA, coxín dourado, veludo cadrado, peche con cremalleira.
  • SANELA: coxín cadrado en veludo de algodón amarelo-marrón con brillo sutil e toque suave.

Complétao con

Coxín FJÄDRAR cadrado branco, suave recheo de plumas de pato, cuberta 100% algodón.

FJÄDRAR Recheo coxín, 65x65 cm

12,99€
  • Algodón

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Algodón

A funda de coxín SANELA en veludo de algodón azul mariño ten un lustre delicado e un tacto suave e luxoso. Combínao con coxíns con outros deseños ou coas fundas SANELA de cores lisas... e por que non cunhas cortinas SANELA?

Número de artigo806.360.21

Detalles do produto

O veludo de algodón realza a cor e é suave ao tacto.

A funda de coxín SANELA está dispoñible en diversas cores e resulta doada de combinar con outros téxtiles da nosa gama.

A funda de coxín ten unha cremalleira agochada e é fácil de quitar e lavar.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo806.360.21

Información útil

Combina cos coxíns de 65x65 cm.

O coxín interior véndese á parte.

Este produto é axeitado para lugares públicos como cafeterías, locais comerciais e áreas de recepción de oficinas grazas ao seu deseño duradeiro e aos materiais optimizados para o uso frecuente e a limpeza periódica.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

100% algodón

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á maquina a 30 ºC coma máximo, tratamento normal.

Darlle a volta do revés á tapizaría e pechar as cremalleiras antes do lavado.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Pasar o ferro a 150º C como máximo.

Non limpar en seco.

Ferro para pasar con vapor só no reverso.

Medicións

  • lonxitude: 65 cm
  • Ancho: 65 cm

Embalaxe

SANELA

Número de artigo806.360.21
  • Ancho: 12 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 18 cm
  • Peso: 0.25 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 82Valoración media
82Opinións
4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 82Valoración media
82Opinións

Accesorios para SANELA

Produtos relacionados

Recomendado para ti

SANELA Funda de coxín, azul escuro, 65x65 cm

Unha historia de suavidade do veludo

O veludo tivo unha viaxe longa e tortuosa. Tecida nos inicios a partir da seda pura da antiga China, posteriormente adornou os pazos da Europa renacentista. Trátase dun tecido tan prezado que só os ricos e poderosos tiñan acceso a el. Hoxe en día, o veludo faise habitualmente con algodón, mais segue a ser valorado pola textura suave e atemporal que achega ao fogar. Este é o caso, por exemplo, dos nosos coxíns e cortinas da serie SANELA.

"Cando se comezou a facer veludo con algodón durante a industralización en Europa, o tecido fíxose accesible para moitas máis persoas á vez que mantiña a súa superficie suave e unha caída preciosa", afirma Åsa Hederberg, que traballa cos nosos tecidos. "Na actualidade, tamén podemos ver veludo feito con poliéster, unha opción moi resistentes e especialmente apta para os tapizados".

O segredo do veludo

Mais como se consegue ese tecido fino e aveludado? "O veludo elabórase empregando unha técnica especial coa que se tecen dúas capas de tecido á vez", explica Åsa. "Un fío adicional, o pelo, pasa polo medio destas capas, e cando se separan as capas terminadas aparece a superficie suaviña". A densidade e mais a altura do pelo depende do espesor e lonxitude do fío, así como da proximidade á que se tece a tea. "A súa densidade e mais espesor fai que o veludo sexa ideal para o deseño de interiores. Unha cortina de veludo non só axuda a amortecer o son e a illar contra o frío e a calor, senón que ademais ofrece unha caída elegante distintiva. Normal que sexan tan prezadas no escenario dos teatros".

Atemporal e fácil de combinar

A serie SANDELA é un eterno clásico que se actualiza ocasionalmente con novas cores, sempre a xogo cos demais tecidos. "Os nosos coxíns e cortinas de veludo serven como base sobre a que podes traballar con outros tecidos. Quizáis che apeteza engadir estampados ou algo con máis textura para crear un interior persoal e dinámico". O veludo chegou dos pazos reais aos fogares modernos e converteuse nun elemento de luxo cotián moi querido.

Máis información

Material

Veludo de algodón como ningún outro

A suavidade sen rival e a sensación de opulencia do veludo, feito 100% de algodón, dálle un toque de elegancia a calquera espazo. O seu pelo groso captura a luz e revela unha profundidade rica de cores que se espalla por toda a estancia. Feito con resistentes fibras de algodón e cunha trama compacta, este veludo é resistente e duradeiro e mantense fresco e fermoso durante moitos anos. Unha mestura perfecta de estilo e calidade duradeira feita para soportar o paso do tempo.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de