"Co coñecemento e a experiencia axeitados, o bambú pódese manipular, dobrar e encartar para facer con el obxectos incribles", afirma Nike Karlsson, deseñador de IKEA. E como é unha fibra natural, cada produto ten pequenas variacións de cor e unha expresión única. "A súa agradable textura e as súas pequenas variacións contribúen a darlle calidez a case calquera estancia. Un material fantástico se queres levar un pouco da natureza ao teu fogar".
Pon máis zen na túa vida diaria cos cestos SALUDING. Feitos á man con bambú, un material natural que transmite unha sensación agradable de sosego que transforma calquera estancia nun oasis pracenteiro para o corpo e a alma.
Detalles do produto
O motivo da tampa é un tributo á artesanía tradicional e simplifica a tarefa de pousar a roupa pola abertura superior.
Cesta tecida á man por persoas expertas, de xeito que nunca hai dúas iguais.
Non te deixes enganar pola levidade e suavidade do material. Esta cesta feita á man é de bambú, un material duradeiro e resistente.
O produto está feito dun material que transmite unha sensación de calma e sosego.
Ideal para tela no baño, xa que os pés da parte inferior impiden que a cesta absorba a humidade do chan e se estrague.
Coa bolsa interior, podes sacar a roupa sucia con facilidade.
Nike Karlsson
Información útil
Cada cesto é unha creación única, realizada á man, con variacións naturais de forma e cor.
Pode conter ata 6 kg de roupa para colada.
Inclúe bolsa interior.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Compoñentes principais:
- NOTRANS, NOTRANS
- Tea:
- NOTRANS
- Patas:
- NOTRANS
Mantemento
Ao bambú convenlle unha contorna fresca e seca cunha temperatura constante.
Podes ter o cesto no baño, pero evita mollar o bambú. Mellor, límpao cun pano limpo e seco.
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Non limpar en seco.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
SALUDING Cesto para coada705.035.83Medicións
- Altura: 64 cm
- volume: 50 l
- diámetro: 40 cm
Embalaxe
SALUDING
Número de artigo705.035.83- Alto: 56 cm
- Peso: 0.59 kg
- Diámetro: 40 cm
- Paquete(s): 1
- Alto: 11 cm
- Peso: 0.45 kg
- Diámetro: 41 cm
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Crea unha sensación de spa con bambú
En IKEA temos aprendido moito sobre a vida no fogar ao longo dos anos, e unha das cousas da que nos decatamos é de que moita xente pensa que é máis cómodo tirar a roupa sucia e as toallas húmidas ao chan que usar un cesto para coada. Por iso, o cesto para coada SALUDING, tecido nun estilo tradicional vietnamita, ten unha tampa cun buraco. "Un exemplo de como combinar forma e funcionalidade. Esperamos que contribúa a reducir a cantidade de toallas que acaban no chan, pero tamén de que teñas unha sensación de spa na túa propia casa", di Nike. Cando chega o momento de facer a coada, levanta a tampa e saca a bolsa interior. O cesto para coada pode quedar onde está como detalle decorativo para calquera estancia.
Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.
Form design process
Crear unha sensación de spa con bambú
Coa axuda de artesáns de Vietnam e Indonesia, transformamos o bambú de rápido crecemento en formas decorativas para o fogar contemporáneo. SALUDING é unha familia de cestas feitas a man que se adaptan a case calquera habitación. Perfecta se queres crear unha relaxada sensación de spa ou simplemente gústache a combinación dunha función intelixente e un bonito deseño.



