SAGESUND Estrutura cama tapizada
Como conseguilo
- Funda lavable
Esta estrutura de cama tapizada ten unha cabeceira lixeiramente en ángulo con 2 almofadas moi cómodas. Conxunto ideal cando queres pousar as costas mentres estás na cama. A funda da cama é extraíble e pódese lavar á máquina.
Detalles do produto
SAGESUND é unha estrutura de cama cómoda e funcional que transmite un aire moderno ao dormitorio.
A cabeceira en ángulo lixeiro con 2 almofadas cómodas é perfecta para pousar as costas mentres les ou te relaxas cunha cunca de café.
A funda da estrutura de cama é extraíble e pódese lavar á máquina, deste xeito a túa cama SAGESUND estará máis limpa e poderás usala durante máis tempo.
A funda está feita de tecido Gräsbo, suave ao tacto e para noites aínda máis cómodas.
As fortes e resistentes patas de madeiras, feitas de carballo macizo, mellorar o aspecto natural da cama.
Hai espazo abondo debaixo da cama para gardar caixas. Perfecto para maximizar o uso de espazos.
Resulta moi doado pasar a aspiradora por debaixo da cama.
Os laterais da cama son regulables, polo que se poden utilizar colchóns de diversos grosores.
Grazas ó somier LEIRSUND con láminas curvas, zonas de confort e 6 láminas axustables encontrarás a comodidade que buscas. Pola súa banda, a parte aberta permite o aire circular e conservar o frescor.
Información útil
Traveseiro da cama incluído.
O colchón e a roupa de cama véndense á parte.
O somier de taboíñas LEIRSUND está incluído no prezo, pero empaquétase á parte.
O coxíns da cabeceira véndense envoltos e comprimidos. Recuperarán a súa forma e suavidade orixinal pasados uns días.
Colle, axita e golpea levemente os coxíns da cabeceira cada certo tempo para devolverlles a súa forma orixinal e volve a colocalos no seu sitio.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
SAGESUND Estrutura cama tapizada605.593.68LEIRSUND Somier de láminas102.787.28Medicións
- Altura pés: 42 cm
- Altura cabezal: 100 cm
- lonxitude: 223 cm
- Longo do colchón: 200 cm
- Anchura do colchón: 140 cm
- Ancho: 146 cm
- Altura libre baixo a cama: 20 cm
Embalaxe
SAGESUND
Número de artigo605.593.68- Ancho: 44 cm
- Alto: 22 cm
- Longo: 162 cm
- Peso: 25.00 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 28 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 213 cm
- Peso: 16.00 kg
- Paquete(s): 1
LEIRSUND
Número de artigo102.787.28- Ancho: 19 cm
- Alto: 8 cm
- Longo: 201 cm
- Peso: 9.80 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 19 cm
- Alto: 8 cm
- Longo: 201 cm
- Peso: 9.63 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para SAGESUND
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando deseñei a serie SAGESUNG, a miña idea pasaba por crear unha cama moi cómoda e suave, onde tamén fose posible ficar sentado durante un tempo, lendo ou simplemente relaxándose. Quería que a cabeceira fose tamén moi suave, para que ao apoiar a cabeza a sensación fose de estar a mergullarse nunha parede de suaves coxíns. A comodidade vese reforzada polos materiais, moi suaves ao tacto, que a conforman e que transmiten unha sensación de acougo, comodidade e recollemento".











