- Iluminación cálida
Este edredón é lixeiro, fresco e suave ó tacto. Pódese lavar con frecuencia a temperatura alta e ademais seca moi rápido. Recheo 100% de poliéster a partir de material 100% reciclado.
Detalles do produto
Un edredón fresco e lixeiro confeccionado cun tecido suave de microfibra cepillada e recheo de fibras ocas de poliéster recicladas.
As fibras son suaves e lixeiras, e conservan o seu volume e capacidade de illamento. Deste xeito, o teu corpo transpirará correctamente e manterá unha temperatura constante durante toda a noite.
Unha boa opción se adoitas pasar calor cando dormes.
O edredón pódese lavar á máquina a 60 ºC, unha temperatura que mata os ácaros do po.
Maja Ganszyniec
Medicións
- lonxitude: 220 cm
- Ancho: 240 cm
- Peso do recheo: 530 g
- Peso total: 1410 g
Opinións dos clientes
Material
Cómo coidar un edredón de poliéster
Cun pouco de amor poderás prolongar a vida do teu edredón de poliéster e facer que sempre luza fresco. Utiliza un deterxente suave e pon a lavadora no ciclo de delicados a 60 °C, a temperatura á que morren os ácaros. Evita utilizar lixivias e suavizantes. Os edredóns de poliéster pódense secar ó aire libre ou na secadora. Ventila o edredón con frecuencia, se é posible en contacto directo coa luz do sol.