- Apilable
Esta caixa con tampa é ideal para gardar obxectos de lecer, está feita nun 50% de plástico reciclado e permite percibir o que hai dentro sen que sexa totalmente visible.
Detalles do produto
Esta caixa grande serve para gardar todo tipo de cousas, desde xogos e artigos de lecer, ata roupa e mantas, pasando por almofadas, etc.
Como o material é semitransparente, podes ver facilmente o contido.
Podes encastelar recipientes de diferentes tamaños, xa que están deseñados para encaixar entre si.
A tampa mantense firme no seu sitio, polo que as túas cousas sempre estarán protexidas do po e a sucidade.
Pódese empregar en calquera estancia da casa, mesmo en zonas de moita humidade como o baño.
Henrik Preutz
Medicións
- Altura: 35 cm
- volume: 44.5 l
- Ancho: 36 cm
- lonxitude: 50 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.

A idea tras o produto
A idea tras o produto
"As caixas RYKTA permítenche pór orde na casa. Son parcialmente transparentes, así poderás encontrar nun intre o que buscas, sen que o resto saiba o que gardas nelas. Para darlle un aire máis vibrante e elegante, o interior ten unha estrutura estampada que reflicte a luz de varias maneiras. Tamén permite amorear unhas caixas enriba doutras. Espero que lles fagas un oco no teu roupeiro e sala de estar!"