



ROSENROBINIA Cortina 1p, branco/con cinta de prego, 300x300 cm
Como conseguilo
- Cortina
As cortinas finas ROSENROBINIA en branco neve filtran a luz e son moi elegantes. Largo xeneroso para fiestras máis amplas ou para formar máis plisados. Ideais para combinar con cortinas opacas cos que variar a iluminación.
Detalles do produto
As cortinas deixan pasar a luz do sol pero proporciona intimidade, polo que son perfectas para poñelas nunha ventá ou con outras máis tupidas.
As de talle grande cobren fiestras máis largas e tamén se poden usar como separadores de ambientes, cun fermoso deseño a cada lado.
As cortinas con cinta de prego permítenche pendurar as cortinas directamente na barra de cortina usando as dobras ou lapelas. Tamén podes articular a cortina con guías de raíl usando aneis e ganchos.
O tecido da cortina cae con suavidade e forma uns pregos perfectos que engaden un toque decorativo ás túas xanelas.
O uso de aneis e ganchos adoita dar unha sensación máis formal e elegante ocultando as ferramentas.
IKEA of Sweden
Información útil
Cortina, inclúe 1 peza.
Para determinar o largo do total das cortinas que precisas, multiplica a lonxitude da barra/vara por 1,5 para unha sensación lene e lixeira, por 2 para un aspecto estándar e por 2,5 para un aspecto máis rico e amplo.
Durante o día pódense percibir as formas e siluetas do interior desde fóra. Pola noite, coa luz da estancia acesa, é posible ver o que hai dentro desde fóra.
Ideal para combinar con cortinas escurecedoras ou opacas ou persianas de rolo para cando queiras limitar ou bloquear a cantidade de luz que entra na estancia.
O tecido encolle ao lavalo, polo que é boa levar as cortinas antes de cortalas/facerlle a basta.
Podes empregar a tira para bastas SY para acurtares as cortinas sen necesidade de coser.
Os materiais deste produto son reciclables. Por favor, revisa as normas de reciclaxe na túa comunidade e se hai algunha instalación/punto de reciclaxe preto.
Normalmente recoméndanse 32 argolas e ganchos por cada cortina de 300 cm de largura. Podes aumentar ou diminuír o número en función de se queres un plisado coas dobras máis estreitas ou máis amplas.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
100 % poliéster - (100% reciclada)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 110 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
ROSENROBINIA Cortina 1p405.644.36Medicións
- lonxitude: 300 cm
- Ancho: 300 cm
- superficie: 9.00 m²
Embalaxe
ROSENROBINIA
Número de artigo405.644.36- Ancho: 19 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 28 cm
- Peso: 0.86 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para ROSENROBINIA
Produtos relacionados
Recomendado para ti
Material
Que é o poliéster reciclado?
Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.
Funcionalidade
Tecido fino
Os tecidos finos difuminan a luz do día que entra nunha estancia cando fóra hai máis luz e reduce os reflexos sobre as pantallas. Transmiten a sensación de estarmos conectados ó mundo exterior. Polo día, a xente que estea fóra poderá percibir as formas e a siluetas que haxa no interior, pero pola noite, cando a estancia estea iluminada, a privacidade será nula. Os tecidos finos son ideais para solucións en varias capas.




