RÖDALM ten liñas simples e pulcras que quedan moi ben en interiores de distinto tipo. A súa profundidade atrae a atención e resulta moi práctica. "Podes colocar o motivo directamente contra a fronte de plástico ou máis atrás, para crear unha sensación de profundidade e un efecto 3D. Se tes unha fotografía, talvez a queiras poñer diante de todo, pero no caso das obras de arte en acuarela é aconsellable colocalas un pouco máis atrás do marco para realzar a textura do papel e crear así un motivo máis vivo", suxire Andreas.
Decórao coas fotografías que máis che gusta. O marco RÖDALM é moderno e faille xustiza ós teus retratos favoritos. Coloca a fotografía diante ou detrás do marco, ou merca varios para combinalos ó teu gusto.
Detalles do produto
Podes elixir como enmarcar as túas fotos: na parte dianteira ou na parte traseira co marco inferior. Tamén as podes enmarcalas con ou sen paspartú.
O gancho adhesivo ALFTA permíteche pendurar facilmente a estrutura sen necesidade de usar cravos nin parafusos.
O marco pódese utilizar en horizontal ou en vertical, segundo sexa a imaxe que vaias enmarcar.
Grazas á protección frontal de plástico, os marcos son máis lixeiros e seguros.
Inclúe paspartú.
Paspartú de PH neutro, non afecta ás cores do cadro.
Este marco ten instalados ganchos de reforzo na parte posterior para evitar que se mova.
Andreas Fredriksson
Información útil
Este marco é compatible con fotos de 40×50 cm se utilizas o paspartú, e é compatible con fotos de 50×70 cm se non utilizas o paspartú.
O soporte non tornará amarelo, xa que non contén ácido.
Non se inclúen os parafusos para instalar na parede. Será necesario usar distintos dispositivos de instalación en función do material co que estea feita a parede. IKEA recomenda ganchos adhesivos ALFTA. Son necesarios 2 ganchos ALFTA.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Paspartú:
- NOTRANS
- Marco/ Estrutura interior:
- NOTRANS, NOTRANS
- Protector de fronte:
- NOTRANS
Mantemento
Limpar cun plumeiro.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
RÖDALM Marco905.489.29Medicións
- Altura de estrutura: 72 cm
- anchura estrutura: 52 cm
- Paspartú altura: 49 cm
- Paspartú anchura: 39 cm
- Lámina con paspartú altura: 50 cm
- Lámina con paspartú anchura: 40 cm
- Lámina sen paspartú altura: 70 cm
- Lámina sen paspartú anchura: 50 cm
- Estrutura, fondo: 3 cm
Embalaxe
RÖDALM
Número de artigo905.489.29- Ancho: 52 cm
- Alto: 3 cm
- Longo: 72 cm
- Peso: 1.99 kg
- Paquete(s): 1
Opinións
Opinións dos clientes

Dálle ós teus cadros a atención que merecen
Os marcos non só serven para protexer as túas fotografías e lembranzas. Grazas a eles poderás tamén darlle un toque persoal á túa casa. Os marcos RÖDALM ofrecen tantas posibilidades como temas. Ademais, daraslle máis profundidade ós teus cadros ou imaxes favoritas para recibiren a atención que merecen.
"Cando penduramos algo da parede facémolo porque queremos transmitir algo, porque lle queremos dar o noso toque persoal á estancia en cuestión", di Andreas Fredriksson, a deseñadora responsable de RÖDALM, unha familia de marcos feitos de distintas madeiras, tamaños e cores.
Crea unha nova dimensión na casa
Atrévete, saca a túa personalidade
"Tamén reforzamos o reverso do RÖDALM para evitar deformacións no marco. Isto está moi ben para aquelas persoas que adoitar cambiar de casa ou con gusto polas reformas", explica Andreas. Na súa opinión, as fotos e cadros que a xente colga nas paredes ofrecen unha idea sobre as súas vidas e sobre quen son, pero os marcos que utilizan para acompañalos tamén resultan moi reveladores. "Gústame crear collages con marcos de distintos tamaños e estilos, por exemplo, combinando marcos antigos que podes encontrar na feira con outros máis modernos como o RÖDALM". Desta maneira o motivo pasa a un segundo plano e unha simple pincelada sobre un papel pode ser abondo. "No fondo, o máis importante non é necesariamente o que poñas na parede, senón que elixas algo que reflicta a túa personalidade".
Material
Que é o taboleiro de fibra?
O taboleiro de fibras é un material estable e duradeiro, feito a partir de restos de madeira da industria madeireira. Ao taboleiro engádeselle unha resistente capa externa de pintura ou laminado. A diferenza entre os distintos taboleiros de fibras, como o HDF ou o MDF, é o grosor e a resistencia aos impactos. Isto determina se os utilizaremos para estruturas de cama, estruturas de café, frontes de cociña, portas de armario ou algo totalmente diferente.





