Como conseguilo
Solución de almacenaxe práctica para todos os artigos de aseo, especialmente se a familia é grande. Fabricada en plástico duradeiro con orificios nos laterais para que o contido permaneza seco e fresco.

Na cesta da ducha podes pór o xampú, acondicionador, xabón facial, locións e outros artigos de aseo nun único sitio, para que poidas atopalos rapidamente. E se cada membro da familia tivese unha de seu?
As asas pregables son moi útiles para levantar e levar a cesta dun sitio a outro. Práctica para ir á piscina local ou á praia.
O contido permanece seco, xa que a cesta ten buracos nos laterais e orificios de drenaxe na parte inferior.
A cesta tamén é perfecta para gardar o deterxente xunto á lavadora, os botes debaixo do vertedoiro e os aparellos pequenos no garaxe.








