Como conseguilo
5 ano de garantía
Un frigorífico/conxelador con estantes axustables para adaptares o espazo ás túas necesidades. Podes colocalo dentro dun armario cunha porta que vaia a xogo co resto da túa cociña e transmitir así unha sensación uniforme.
Detalles do produto
Cinco anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto da garantía.
Os estantes axustables en vidro temperado permítenche personalizar o teu espazo de almacenaxe.
Ten un ventilador integrado que proporciona unha temperatura homoxénea a todo o interior, para que poidas poñer a comida en calquera parte do frigorífico.
A tecnoloxía LED integrada ilumina todos os recunchos, non require mantemento, dura o mesmo que o frigorífico e permíteche ver dunha ollada que tes gardado dentro.
Paredes interiores lisas, compartimentos e andeis axustables na porta para facilitar a limpeza.
Está equipado cunha alarma que soa se a porta non está ben pechada.
O caixón da verdura e os compartimentos da porta e do conxelador son transparentes para que poidas ver o que hai dentro.
Totalmente integrado; debería fixarse nunha porta co mesmo deseño ca o resto da cociña.
IKEA of Sweden
Información útil
Este frigorífico/conxelador integrado debe instalarse nun armario de cociña.
Podes montar as portas á dereita ou á esquerda.
Atoparás información completa sobre a instalación e uso deste produto na pestana Instrucións de montaxe e documentos.
Inclúense 3 baldas regulables.
Inclúe un accesorio para verduras.
Inclúe 3 caixóns de conxelador.
Inclúe rasqueta para o xeo.
Completar coa bisagra UTRUSTA de 95 °, que se vende á parte.
Estrutura de armario alto con reixa de ventilación, portas, zócalo e tiradores véndense á parte.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Encontrarás información sobre o coidado deste produto debaixo da etiqueta Instrucións e documentos de montaxe.
Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.
Limpa con frecuencia o interior da porta do frigorífico/conxelador cun pano suave con agua morna e xabón.
Revisa con frecuencia as xuntas das portas e límpaas cando for necesario.
Non utilices disolventes nin produtos abrasivos para limpar o frigorífico/conxelador.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
RÅKALL Frigorífico/conxelador805.728.68RÅKALL Frigorífico/conxelador805.728.68RÅKALL Frigorífico/conxelador805.728.68RÅKALL Frigorífico/conxelador805.728.68Consellos e instrucións de coidado
RÅKALL Frigorífico/conxelador805.728.68RÅKALL Frigorífico/conxelador805.728.68RÅKALL Frigorífico/conxelador805.728.68Información técnica
RÅKALL
Frigorífico/conxelador, IKEA 500 integrado, 153/79 l
Número de artigo805.728.68| Nome de marca | IKEA |
| Referencia de modelo | RÅKALL 80572868 |
| Clase de eficiencia enerxética | E |
| Consumo anual de enerxía | 219 kWh/ano |
| A suma dos volumes do(s) compartimento(s) conxelador(es) | 79 L |
| A suma dos volumes do(s) compartimento(s) de refrixeración | 153 L |
| Conxelador con clasificación de estrelas | 4 |
| Emisións de ruído | 35 dB |
Medicións
- Ancho: 54.0 cm
- fondo: 54.5 cm
- Altura: 157.6 cm
- Volume frigorífico: 153 l
- Volume conxelador: 79 l
- Volume total: 231 l
- peso: 51.00 kg
- lonxitude do cable: 235 cm
Embalaxe
RÅKALL
Número de artigo805.728.68- Ancho: 61 cm
- Alto: 57 cm
- Longo: 164 cm
- Peso: 51.00 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Funcionalidade
Conserva os teus alimentos
O que necesitas despois dunha compra grande para toda a semana ou para unha reunión familiar é a función de refrixeración rápida. Garda a comida no frigorífico e preme o botón para acadar a temperatura óptima. A refrixeración rápida fai que os alimentos acaden rapidamente a temperatura de conservación ideal, axuda a preservaren o seu frescor e sabor e evita que a comida se bote a perder. O modo normal restablécese automaticamente cando o frigorífico acada a temperatura preconfigurada.







