Saltar

RAGGISAR Bandexa, gris escuro, 40x30 cm

14,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Estas bandexas amontoables teñen compartimentos para separar e ordenar accesorios, xoias, reloxos ou obxectos delicados dentro dos caixóns. Permítenche ter unha boa visión xeral do caixón e o feltro prensado engade un toque de calidade.

Número de artigo103.480.19

Detalles do produto

Aproveita mellor o espazo de almacenaxe poñendo bandexas de diferentes tamaños unha enriba da outra.

Axúdache a ter ben organizadas as túas cousas en armarios e mobles de caixóns.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo103.480.19

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

100% poliéster

Mantemento

Para a limpeza utiliza a aspiradora ou un rodete quitapeluxe.

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Medicións

  • Ancho: 40 cm
  • fondo: 30 cm
  • Altura: 6 cm

Embalaxe

RAGGISAR

Número de artigo103.480.19
  • Ancho: 30 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 40 cm
  • Peso: 0.30 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
245Opinións
4.6Valoración media
245Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Bandexas texturizadas apiladas

Unha mañá sen estrés empeza co caixón da cómoda

Os caixóns desordenados provocan estrés e frustración a moitas persoas. Entón, como podemos crear orde e facer que as cousas sexan máis fáciles de atopar nun caixón? E como conseguir que o interior teña tan bo aspecto como o exterior da cómoda? A desenvolvedora de produtos Karolina Ringefelt atopou tanto o problema como a solución en todas as casas que visitou ao longo dos anos.

“Ensíname o caixón da túa cómoda e direiche quen vés sendo”. Pois, poida que un caixón con só calcetíns e roupa interior non diga moito sobre alguén. Pero Karolina Ringefelt recoñece que existen grandes diferenzas na estrutura dos caixóns. Viu moitas caixoneiras visitando as casas de clientes de todo o mundo. Tanto no seu anterior traballo como deseñadora de interiores como no actual, no que desenvolve novos produtos para IKEA. "É apaixonante, independentemente de onde ou como viva a xente, xa que a maioría ten exactamente as mesmas cousas nos seus caixóns", di Karolina. "Son roupa interior, calcetíns, camisetas e camisas. Pero a forma en que a xente dobra, ou non, a súa roupa varía e a miúdo depende da tradición e da súa contorna".

A desorde provoca frustración

Karolina viu moitas solucións e sistemas intelixentes para manter a orde nas caixoneiras. Nalgunhas casas ordénanse por cores, noutras por materiais ou estilos. Na cidade estadounidense de Filadelfia, visitou a un universitario que só compraba calcetíns brancos de deporte: "Deste xeito, sempre podía atopar un par de calcetíns iguais, aínda que estivesen desordenados no caixón da cómoda". Pero Karolina tamén comprendeu o frustrante que é para moita xente non conseguir manter a orde, cando o interior do caixón parece un caos porque todo está desordenado. E as rutinas matutinas alónganse demasiado cando hai que buscar calcetíns a xogo (a menos que se optou pola estratexia de "só calcetíns brancos de deporte"). Estas ideas espertaron ao desenvolvedor de produtos que levaba dentro: como podería IKEA axudar á xente para organizar mellor os seus caixóns?

Todo no seu sitio

Case de inmediato, Karolina e os seus colegas souberon que querían desenvolver algo que dividise e separase o espazo do caixón para que cada obxecto puidese ter o seu lugar dedicado. "En Asia vin moitos exemplos de como a xente divide un caixón en seccións máis pequenas utilizando caixas e compartimentos. Pero adoitan ser de plástico duro e pouco flexible, o que impide aproveitar todo o espazo". O traballo culminou en RAGGISAR: caixas brandas, divisores axustables e varios compartimentos que se poden amontoar uns sobre outros. Todo no mesmo material de feltro prensado que dá un agradable tacto téxtil ideal tamén para gardar roupa. "A flexibilidade é importante para que a xente poida combinalos como queira e crear os seus propios caixóns optimizados", explica Karolina. O resultado foi xusto o que Karolina e o seu equipo esperaban. Significa isto que deixará de espiar nos caixóns e armarios da xente? "Non, non, ese proxecto é algo que nunca terminarei. O estilo de vida e as necesidades de almacenamento da xente cambian constantemente. Queremos estar á altura e contribuír sempre a que a vida cotiá sexa un pouco máis fácil e organizada".

Máis información

Material

Que é o poliéster?

O poliéster é un material illante, de secado rápido e resistente, ideal para crear tecidos como recheos de coxíns, colchas e mobles. O material provén do petróleo bruto, un recurso limitado. IKEA non quere contribuír a que se utilice máis petróleo bruto, é por iso que estamos empezando a utilizar poliéster reciclado e trazable a partir de botellas PET. O mellor do poliéster é que se pode reciclar infinitas veces, sen que por iso cambie ou perda as súas cualidades.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de

Accesorios para RAGGISAR