PLATSA Estrutura, branco, 80x40x120 cm
Como conseguilo
Coa almacenaxe PLATSA podes crear solucións altas ou baixas para aproveitares toda unha parede ou o oco que queda debaixo dun teito inclinado. Móntase en poucos minutos cun simple clic. Engade portas e separadores de interior segundo necesites.
Detalles do produto
Podes organizar o espazo interior cos complementos da serie HJÄLPA e o exterior coas solucións prácticas da serie LÄTTHET.
Combina estruturas de diferentes altos e fondos para crear unha solución de almacenaxe que se adapte ás túas necesidades e ao espazo dispoñible.
A estrutura é moi doada de montar, só hai que unir as partes ata que fagan clic, sen necesidade de ferramentas.
Ao ter unha estrutura de pouco fondo, é ideal para espazos pequenos.
Inclúense fixacións para que poidas unir facilmente varias estruturas PLATSA. Son fáciles de quitar e de poñer, non é necesario o uso de ferramentas, e evitarás que os buratos externos dos parafusos queden á vista.
Esta solución de almacenaxe é fácil de montar e desmontar. Deste xeito poderás readaptala ao teu gusto, levar contigo se te mudas ou darlla a outra persoa para que a aproveite durante máis tempo.
IKEA of Sweden
Medicións
- Estrutura, anchura: 80 cm
- Estrutura, fondo: 40 cm
- Estrutura, altura: 120 cm
Opinións dos clientes
Deseña o teu propio armario PLATSA
Queres personalizar o aspecto e as funcións de PLATSA de xeito que se adapte ao teu espazo, ás túas necesidades e ao teu gusto?

Cambia contigo
A nosa casa a miúdo ten unhas dimensións limitadas, polo que pode ser desafiante atopar un lugar para todo. Co sistema de almacenaxe PLATSA, queriamos crear unha solución de almacenaxe versátil e sinxela que poidas refacer e ampliar, tanto vertical como horizontalmente, nos laterais ou no medio. Por riba de todo, o prezo debía ser baixo, e a calidade, alta. A solución: a calidade axeitada no lugar axeitado.
"Todo o que precisas son as túas mans", di o desenvolvedor de produto Freddy Kramer mentres encaixa unha estrutura PLATSA con outra. Encaixar, si. O secreto e un tipo de conector chamado cuña. Freddy continúa explicando por que é un aspecto importante o feito de poder montar ou separar estruturas con facilidade. "A vida das persoas hoxe en día non deixa de cambiar: mudámonos máis a miúdo, vivimos en espazos máis pequenos e ás veces compartimos a nosa casa. Por iso nosas necesidades cambian ao longo da vida".
Separa e reconfigura
Freddy mostra como se poden dispoñer as estruturas en vertical, horizontal ou ao xeito dunhas escaleiras, para despois completarse con andeis, cestos de arame, raíl para a roupa, caixóns e portas. "Mesmo pode utilizarse o exterior. Nesta parte, podes colocar ganchos ou un raíl para a roupa e fixalo entre dúas estruturas".
Amor nunha caixa branca
Para que PLATSA fose realmente duradeira, a calidade foi tan importante como a flexibilidade e a facilidade de montaxe. Porén, mellorar a calidade sen aumentar o prezo non é tarefa doada. "A calidade axeitada no lugar axeitado", di Freddy, e abre unha porta de armario. "Aquí, no exterior da porta, que podes ver e tocar todos os días, utilizamos unha lámina mate cunha textura fina, mentres que o interior, sen expoñer, está recuberto cunha lámina base máis sinxela". O proxecto PLATSA esixiu moito tempo e compromiso, mais tamén deu os seus resultados. "Estas caixas brancas baleiras para as estruturas, poden non dicirche moito a primeira vista, mais en realidade son caixas brancas cheas de amor", conclúe Freddy cun sorriso.
Material
Que é un taboleiro composto?
Utilizamos taboleiros compostos para fabricar gran parte dos nosos mobles, como mesas ou roupeiros. Son lixeiros, estables e resistentes. Os taboleiros teñen unha estrutura feita de aglomerado, fibras ou madeira maciza mentres que no interior está composto por unha estrutura de favo feita principalmente de papel reciclado a cal, grazas á súa construción especial, ofrece unha gran resistencia. A continuación, o taboleiro é cuberto cunha pintura protectora, laminado ou chapa, segundo o estilo que se queira conseguir.