Freddy mostra como se poden dispoñer as estruturas en vertical, horizontal ou ao xeito dunhas escaleiras, para despois completarse con andeis, cestos de arame, raíl para a roupa, caixóns e portas. "Mesmo pode utilizarse o exterior. Nesta parte, podes colocar ganchos ou un raíl para a roupa e fixalo entre dúas estruturas".
PLATSA Estante, branco, 60x40x120 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
Só ou combinado con outros artigos da serie PLATSA, este estante aberto ofrece moitas posibilidades: desde gardar libros ou roupa ata crear unha vitrina para mostrar os teus obxectos preferidos.
Detalles do produto
Combina estruturas de diferentes altos e fondos para crear unha solución de almacenaxe que se adapte ás túas necesidades e ao espazo dispoñible.
Inclúense fixacións para que poidas unir facilmente varias estruturas PLATSA. Son fáciles de quitar e de poñer, non é necesario o uso de ferramentas, e evitarás que os buratos externos dos parafusos queden á vista.
As patas LÄTTHET están pensadas para as solucións PLATSA. Ademais de aportarlles sensación de lixeireza e amplitude, permiten limpar por debaixo.
Ao ter unha estrutura de pouco fondo, é ideal para espazos pequenos.
A serie LÄTTHET ofrece diferentes elementos que podes engadir ás estruturas PLATSA.
Ola Wihlborg
Información útil
Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).
Para colocar unha estrutura PLATSA no chan, débese completar con patas LÄTTHET, que se venden por separado.
Segundo a forma en que montes a combinacións PLATSA, poderías precisar un taboleiro para módulo de almacenaxe SPILDRA e crear un bo acabado sobre os módulos baixos. O taboleiro véndese á parte.
Nun andel hai espazo para uns 15 pares de pantalóns ou 30 camisetas dobrados.
Inclúense 3 baldas regulables.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Folla/ Andel regulable:
- NOTRANS, NOTRANS, Cartón de panel de abella (100 % reciclado)
- Marco/ Folla de traseira:
- NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
PLATSA Estante104.525.72Medicións
- Estrutura, fondo: 40 cm
- anchura estrutura: 60 cm
- Altura de estrutura: 120 cm
- Sistema fondo: 42 cm
Embalaxe
PLATSA
Número de artigo104.525.72- Ancho: 43 cm
- Alto: 8 cm
- Longo: 126 cm
- Peso: 14.53 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes

Cambia contigo
A nosa casa a miúdo ten unhas dimensións limitadas, polo que pode ser desafiante atopar un lugar para todo. Co sistema de almacenaxe PLATSA, queriamos crear unha solución de almacenaxe versátil e sinxela que poidas refacer e ampliar, tanto vertical como horizontalmente, nos laterais ou no medio. Por riba de todo, o prezo debía ser baixo, e a calidade, alta. A solución: a calidade axeitada no lugar axeitado.
"Todo o que precisas son as túas mans", di o desenvolvedor de produto Freddy Kramer mentres encaixa unha estrutura PLATSA con outra. Encaixar, si. O secreto e un tipo de conector chamado cuña. Freddy continúa explicando por que é un aspecto importante o feito de poder montar ou separar estruturas con facilidade. "A vida das persoas hoxe en día non deixa de cambiar: mudámonos máis a miúdo, vivimos en espazos máis pequenos e ás veces compartimos a nosa casa. Por iso nosas necesidades cambian ao longo da vida".
Separa e reconfigura
Amor nunha caixa branca
Para que PLATSA fose realmente duradeira, a calidade foi tan importante como a flexibilidade e a facilidade de montaxe. Porén, mellorar a calidade sen aumentar o prezo non é tarefa doada. "A calidade axeitada no lugar axeitado", di Freddy, e abre unha porta de armario. "Aquí, no exterior da porta, que podes ver e tocar todos os días, utilizamos unha lámina mate cunha textura fina, mentres que o interior, sen expoñer, está recuberto cunha lámina base máis sinxela". O proxecto PLATSA esixiu moito tempo e compromiso, mais tamén deu os seus resultados. "Estas caixas brancas baleiras para as estruturas, poden non dicirche moito a primeira vista, mais en realidade son caixas brancas cheas de amor", conclúe Freddy cun sorriso.
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.




