Unha mesa para dúas persoas que pode facer sitio para catro nun pispás. Ideal tanto para un almorzo rápido como para unha cea romántica.
Detalles do produto
Unha mesa de á abatible para 2-4 comensais. É unha boa opción para espazos reducidos, porque podes axustala ás túas necesidades.
A folla abatible bloquéase automaticamente na posición. O peche de bloqueo libérase cunha simple presión.
As cadeiras teñen unha estrutura de madeira maciza resistente e duradeira.
O asento acolchado resulta moi cómodo.
A silueta sen brazos permíteche arrimar ben as cadeiras á mesa e ocupar así menos espazo no chan.
Información útil
Só para uso en interiores.
Posibilidade de separar para reciclar ou recuperar enerxía, se estiver dispoñible na túa zona.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Non limpar en seco.
Para unha calidade óptima, aperta de novo os parafusos cando sexa necesario.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
PINNTORP Mesa ás abatibles705.294.65PINNTORP Mesa ás abatibles705.294.65Medicións
- Lonxitude mínima: 67 cm
- Lonxitude máxima: 124 cm
Embalaxe
PINNTORP
Número de artigo705.294.65- Ancho: 71 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 80 cm
- Peso: 19.40 kg
- Paquete(s): 1
PINNTORP
Número de artigo205.294.82- Ancho: 49 cm
- Alto: 13 cm
- Longo: 91 cm
- Peso: 4.70 kg
- Paquete(s): 2
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
Ó deseñar a serie PINNTORP, centreime nos mobles suecos tradicionais do século XIX, unha época na que os recursos eran limitados e era necesario utilizar os materiais con tino. Canto á cadeira, probei diferentes ángulos do respaldo para a comodidade ser óptima. Ía engadir barrotes, mais na realidade a cadeira era igualmente cómoda sen eles. O uso intelixente de materiais conferiulle un aspecto distintivo e as tonalidades vermellas e en madeira da serie son tamén unha homenaxe a esta época que lle transmiten un toque cálido e bonito ó teu fogar.






