Saltar

PINNTORP Mesa ás abatibles

129€
Para evitar rabuñaduras, complétao co protector de chan FIXA, que se vende á parte.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Deseño tradicional co que aforrar espazo e con moita personalidade. Esta mesa pregable de madeira ofrece espazo para 2-4 persoas. Ideal cando necesitas máis espazo para os teus proxectos, para dobrar a roupa ou para recibir as túas amizades.

Número de artigo705.294.65

Detalles do produto

Grazas ao seu pequeno tamaño, a mesa pódese empregar en calquera espazo, aínda que sexa reducido.

A robusta estrutura de madeira maciza está tinguida nun refrescante ton branco para iluminar ata o día máis cinsento.

A vea da madeira é visible e dálle calidez e un aspecto natural á cadeira.

O compañeiro ideal das cadeiras PINNTORP. As cadeiras STEFAN teñen un estilo distinto co que tamén casa moi ben.

A madeira é un material natural e as variacións do taboleiro e as patas fan que cada mesa sexa única.

Deseñador

Friso Wiersma

Número de artigo705.294.65

Información útil

Só para uso en interiores.

Para evitar rabuñaduras, complétao co protector de chan FIXA, que se vende á parte.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Para unha calidade óptima, aperta de novo os parafusos cando sexa necesario.

Montaxe e documentos

Medicións

  • Altura: 75 cm
  • Lonxitude máxima: 124 cm
  • Lonxitude mínima: 67 cm
  • Ancho: 75 cm

Embalaxe

PINNTORP

Número de artigo705.294.65
  • Ancho: 71 cm
  • Alto: 11 cm
  • Longo: 80 cm
  • Peso: 19.40 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
196Opinións

Accesorios para PINNTORP

A idea tras o produto

A idea tras o produto

Ó deseñar a serie PINNTORP, centreime nos mobles suecos tradicionais do século XIX, unha época na que os recursos eran limitados e era necesario utilizar os materiais con tino. Canto á cadeira, probei diferentes ángulos do respaldo para a comodidade ser óptima. Ía engadir barrotes, mais na realidade a cadeira era igualmente cómoda sen eles. O uso intelixente de materiais conferiulle un aspecto distintivo e as tonalidades vermellas e en madeira da serie son tamén unha homenaxe a esta época que lle transmiten un toque cálido e bonito ó teu fogar.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.