- Probado para: 110 kg
Menos é máis! Inspirada na tradición sueca, esta cadeira de madeira, con respaldo minimalista e lixeiramente inclinado e co seu amplo asento, é tremendamente cómoda e non quererás levantarte durante horas.
Detalles do produto
A estrutura de madeira, robusta e sólida, foi pintada e vernizada para durar máis tempo e realzar a textura da madeira natural.
A vea da madeira é visible e dálle calidez e un aspecto natural á cadeira.
Cadeira con respaldo inclinado e asento amplo para maior comodidade.
Está dispoñible en varias cores, con e sen asentos almofadados da serie de cadeiras PINNTORP, para que atopes unha ou varias que che gusten.
Combina moi ben coas mesas PINNTORP, xa que comparten a expresión simple, as cores cálidas e a atención ao detalle.
A madeira é un material natural que presenta variacións na vea, na cor e na textura, polo que cada peza é única.
Friso Wiersma
Información útil
Só para uso en interiores.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
Piñeiro macizo, NOTRANS, Laca transparente de acrílico
Mantemento
Limpar cunha suave solución xabonosa.
Secar cun pano seco.
Para maior estabilidade, volve apertar os parafusos unhas dúas semanas despois da montaxe e cando sexa preciso.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
PINNTORP Cadeira005.294.78Medicións
- Ancho: 40 cm
- fondo: 49 cm
- Altura: 83 cm
- anchura do asento: 40 cm
- Fondo do asento: 36 cm
- altura do asento: 45 cm
- Probado para: 110 kg
Embalaxe
PINNTORP
Número de artigo005.294.78- Ancho: 49 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 91 cm
- Peso: 4.20 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para PINNTORP
A idea tras o produto
A idea tras o produto
Ó deseñar a serie PINNTORP, centreime nos mobles suecos tradicionais do século XIX, unha época na que os recursos eran limitados e era necesario utilizar os materiais con tino. Canto á cadeira, probei diferentes ángulos do respaldo para a comodidade ser óptima. Ía engadir barrotes, mais na realidade a cadeira era igualmente cómoda sen eles. O uso intelixente de materiais conferiulle un aspecto distintivo e as tonalidades vermellas e en madeira da serie son tamén unha homenaxe a esta época que lle transmiten un toque cálido e bonito ó teu fogar.









