PAX / MEHAMN/AULI Armario, branco ambos lados/efecto carballo tintura branca espello, 250x66x236 cm
Como conseguilo
Un armario cun compartimento para todo. Ideal para os que lles gusta ter cada cousa no seu sitio, sexa grande ou pequena, e ben presentada. Organizar o contido por estilo ou cor é cousa túa.
Detalles do produto
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Emprega a ferramenta de planificación PAX para adaptar esta combinación PAX/KOMPLEMENT aos teus gustos e necesidades.
As patas regulables permiten corrixir posibles desniveis no chan.
As portas corredizas déixanche máis sitio para poñer mobles, xa que non ocupan espazo cando están abertas.
O mecanismo de peche suave está integrado nos rieles e consegue que as portas abran e pechen de forma silenciosa, suave e lenta.
Co planificador PAX podes integrar a iluminación na combinación. Logo de elixires a fonte luminosa, o planificador indicarache os accesorios que precisas para completar a solución.
Estruturas profundas con capacidade para unha morea de roupa. Con fondo suficiente para gardar prendas colgadas en perchas nun lado e moito espazo en caixóns.
Se tes moitos caixóns, podes separar e organizar as túas cousas mellor, e evitas perder o tempo buscándoas.
Queres ter as túas cousas aínda máis ordenadas? Engádelle caixas KOMPLEMENT aos caixóns para aproveitares ao máximo o espazo dispoñible.
Podes xirar o panel para mudar o estilo: cada lado ten un acabado distinto. Combina os acabados ou utiliza só un tipo.
As portas corredizas non precisan pomos nin tiradores, teñen un estilo atemporal e combinan facilmente con outros estilos.
Medicións
- Ancho: 250.0 cm
- fondo: 66.0 cm
- Altura: 236.4 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para PAX / MEHAMN/AULI
Deseña o teu propio armario PAX
Queres personalizar o aspecto e as funcións de PAX de xeito que se adapte ao teu espazo, ás túas necesidades e ao teu gusto?
