Saltar

PAX Estrutura armario, branco, 100x58x236 cm

85€
As portas, bisagras e interiores véndense á parte.
PAX central, beige, vertical, baleiro, suave, ambiente divisible
Marco de armario de armario Ikea PAX en branco, plegable e minimalista.
Armario PAX de madeira, deseño minimalista para roupa.
Marco de armario gris, sen portas, interior axustable.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A estrutura de roupeiro PAX é fácil de montar e desmontar, xa que non require ferramentas. O segredo é a súa construción dobrable, que se abre como un libro xusto no lugar onde queiras colocar o teu roupeiro.

Número de artigo804.582.07

Detalles do produto

10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.

A armazón pregable permíteche montar a estrutura en vertical e de fronte. Isto resulta moi útil se o teito é baixo, porque evitarás ter que mover o moble unha vez montado.

Inclúe dúas ferraxes distintas para que poidas fixala á parede con total seguridade, independentemente de que haxa ou non un rodapé entre a estrutura e a parede.

A estrutura, robusta e resistente, pódese desmontar facilmente, para que poidas mover o armario onde queiras e levalo contigo se cambias de casa.

Sigue as instrucións para desmontar a estrutura do roupeiro PAX con total seguridade.

Se queres organizar o interior, podes engadir os accesorios de interior da serie KOMPLEMENT.

As patas regulables permiten corrixir posibles desniveis no chan.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo804.582.07

Información útil

As portas, bisagras e interiores véndense á parte.

Este moble debe montarse entre dúas persoas.

A estrutura pódese montar en vertical, sempre que a altura do teito sexa de 237 cm como mínimo. Sigue as instrucións de montaxe do paquete.

Se queres completar a estrutura PAX cunha porta corrediza, o teito debe ter 240 cm de altura como mínimo.

Pódelo completar cunha caixa SKUBB de 90x53x19 cm, que é o tamaño ideal para esta estrutura de gardarroupa.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Este moble debe fixarse á parede. Os distintos tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Utiliza o dispositivo só cando sexa apto para as túas paredes ou merca outros nunha tenda especializada.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

PAX Estrutura armario, branco, 100x58x236 cm
PAX Estrutura armario804.582.07PAX Estrutura armario804.582.07

Consellos e instrucións de coidado

PAX Estrutura armario804.582.07

Instrucións de desmontaxe

PAX Estrutura armario804.582.07

Medicións

  • Ancho: 99.8 cm
  • Estrutura, anchura: 100 cm
  • fondo: 58.0 cm
  • Altura: 236.4 cm
  • Estrutura, fondo: 58 cm
  • Estrutura, altura: 236 cm

Embalaxe

PAX

Número de artigo804.582.07
  • Ancho: 61 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 246 cm
  • Peso: 55.94 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

3.8Valoración media
911Opinións
Esquina interior branca minimalista, mostrando marcos de armarios PAX de alta calidade, deseño elegante e liñas limpas.

Desdobra o teu armario PAX

En ocasións, poñer a orella ás agochadas dá bos resultados. Un dos nosos máis experimentados innovadores escoitou un día a varios compañeiros falando sobre as dificultades de montar un armario PAX. Decontado acendeu nel a faísca da creatividade. Que facer para simplificar e facilitar o proceso de montaxe?

"Era, por riba de todo, un problema coa versión anterior da estrutura PAX", di Benny Andersson, un técnico veterano de IKEA. "Montala en vertical era complicado de máis. Pero montala e despois colocala en vertical esixía ter uns teitos máis altos có propio armario, algo que non todo o mundo ten".

Como abrir un libro

Benny e os seus compañeiros comezaron a matinar en posibles solucións: e se os laterais xa estivesen unidos á parte posterior desde o primeiro momento? Desa maneira sería posible montar o armario en vertical e no lugar que queiramos desde o principio. A solución do equipo foi un gonzo innovador que permite unir as pezas na mesma fase de produción. "Unha vez na casa, o cliente abre o armario como se fose un libro e xa pode colocar cada cousa no seu sitio. E o mellor é a posibilidade de desmontar o armario facilmente cando queiras ou teñas que cambialo de sitio".

Montaxe rápida coas instrucións axeitadas

Co novo formato, Benny e o equipo deron reducido á metade o tempo necesario para montar unha estrutura PAX. Pero non quixeron quedar aí. "Somos especialistas no noso eido, pero é que ademais tivemos a sorte de contar coa axuda de compañeiros doutros departamentos que nos axudaron coas probas de montaxe. Aquilo permitiunos perfeccionar as instrucións de montaxe e reducir os tempos aínda máis". Así, o que comezou con Benny poñendo a orella ás agochadas acabou cunha estrutura PAX máis fácil e rápida de montar. "Para ter éxito nunca proxecto como este cómpre que todos os membros do equipo se desafíen e motiven entre eles. A nosa misión é traballar co vento en contra e, como nun campo de fútbol, o resultado final é froito do esforzo conxunto".

Máis información

Funcionalidade

A difícil arte de simplificar

Gústannos as cousas sinxelas, pero tamén os obxectivos difíciles. Así é como facilitamos a montaxe dos roupeiros PAX. Os PAX son abatibles, polo que podes montar a estrutura directamente onde queiras para evitar cargar con el unha vez o teñas montado. O mesmo pasa coas portas corredizas, que podes montar sen ter que levantar pesos e aforrándote outros problemas. Un moble fácil de montar e desmontar, para que poidas levalo contigo nas mudanzas e gozar del durante máis tempo.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.