




PÅTÅR Café de filtro en gran, tostado forte ecolóxico/Rainforest Alliance Certified, 250 g
Como conseguilo
Os suecos son cafeteiros expertos. Por iso, o noso café con certificado Rainforest Alliance foi coidadosamente torrado: para ser o mellor café que poidas imaxinar. Un gran café para os verdadeiros amantes do café.
Detalles do produto
Un café con corpo, torrefacción media/forte, que se caracteriza por unha acidez afroitada e un lixeiro retrogusto a café. Un café como se aprecia en Escandinavia.
A produción de alimentos biolóxicos aposta por prácticas de produción mellores para as persoas e o planeta.
Este produto conta coa certificación Rainforest Alliace.
Medicións
- Peso neto: 250 g
Opinións dos clientes
SostibilidadeAs persoas e o planeta
Persoas e comunidades
Un futuro mellor para as persoas e a natureza
O certificado Rainforest Alliance representa unhas técnicas agrícolas máis sostibles e mellores oportunidades para as e os agricultores, as súas familias e a nosa natureza. O programa permite as persoas que se dedican á agricultura traballaren con mellores métodos agrícolas e ofrece unhas condicións de traballo coas que terán un futuro para si mesmas e para as súas fillas e fillos. O obxectivo da Rainforest Alliance é que as e os agricultores poidan ter colleitas que lles dean máis beneficios, ao mesmo tempo que se protexe o medio ambiente e se aseguran os recursos naturais.

Desde os cafeteiros suecos con amor
Seguro que bebes café con frecuencia. E se vés de Suecia, as probabilidades son aínda maiores, xa que Suecia é un dos países onde máis café se consome. Por iso, a ninguén sorprenderá o compromiso dunha empresa sueca como IKEA de ofrecer bos grans de café. Pero non só o sabor caracteriza un bo gran de café. Tamén a calidade e a sostibilidade. A cuestión é dar co punto intermedio exacto. Os nosos cafés PÅTÅR son a demostración de que o conseguimos.
Todos os grans de café de IKEA teñen o certificado Rainforest Alliance. "Decidimos traballar co certificado Rainforest Alliance porque se axusta ao Código de Conduta de IKEA, IWAY", di Henrik Ringdahl, un deseñador de produtos en IKEA que axudou a crear os cafés PÅTÅR. "Ademais de coidar dos cafés, tamén se preocupa dos agricultores e dos traballadores", di. Rainforest Alliance axuda aos agricultores a melloraren os métodos de cultivo. Desta maneira redúcense os custos e mellórase a produción e a calidade das colleitas. Os traballadores reciben un salario e os agricultores melloran os seus rendementos.
Un mellor café para agricultores e consumidores
Porén, o certificado Rainforest Alliance é só o principio. "Queremos que os nosos grans sexan cultivados dunha maneira menos agresiva para os solos, con menos impacto sobre o clima e que mellore o sustento dos agricultores", di Sharla Halvorson, responsable de saúde e sostibilidade de IKEA Food.
Grans de calidade para un sabor de calidade
Os cafés de IKEA están compostos unicamente con grans 100% Arabica, a considerada mellor variedade no tocante ao sabor. A iso súmalle unha mellora xeral na calidade de cada gran e o resultado é unha cunca de café máis saborosa. En sueco PÅTÅR significa unha segunda cunca de café. Agardamos que tanto ti como as túas amizades repitades esta palabra con frecuencia.
Funcionalidade
O café dos amantes do café
Os suecos son das persoas que máis café beben no mundo, e tamén os máis selectos. A fin de contas, a "fika" (un descanso acompañado de café e aperitivos) é unha tradición distintiva da cultura culinaria sueca. Por iso somos tan meticulosos co noso café PÅTÅR e co café que servimos nas nosas tendas. Conta coa certificación da Rainforest Alliance, é orgánico e provén de pequenas explotacións cafeteiras. Mesturamos os grans 100% Arábica e asámolos para ofrecerche o mellor café que poidas imaxinar. Un gran café para os verdadeiros amantes do café.