- Cortina
As cortinas PALPLJUNGMAL presentan un aspecto minimalista, cun deseño sutil en relevo branco sobre branco nun tecido fino e lixeiro que dispersa a luz e crea unha sensación serena de calma e privacidade.
Detalles do produto
O tecido fino propaga a luz do día e suaviza o reflexo en televisores e pantallas. Estarás en conexión co mundo exterior e notarás esa sensación de privacidade durante o día. Ideal para solucións superpostas con cortinas ou estores.
As cortinas con presillas e abrazadeiras permítenche pendurar a cortina directamente na barra ou prendela á barra con argolas e ganchos. As abrazadeiras a xogo realzan a riqueza do tecido.
Pon ganchos RIKTIG na cinta da parte superior para crear pregos.
A súa lonxitude de 300 cm permíteche pendurar a cortina á altura do teito, para crear unha atmosfera sofisticada e de teitos altos; ou tamén a podes colgar enriba de fiestra e deixala caer sobre o chan.
Hannah Wilcox
Información útil
Cortina, inclúe 1 par.
Durante o día pódense percibir as formas e siluetas do interior desde fóra. Pola noite, coa luz da estancia acesa, é posible ver o que hai dentro desde fóra.
Ideal para combinar con cortinas semi opacas ou opacas ou estores e así limitar ou bloquear a entrada de luz do exterior.
Normalmente, recoméndanse 16 argolas e ganchos por cada cortina de 145 cm de largura. Podes aumentar ou diminuír o número, en función de se queres un plisado coas dobras máis estreitas ou máis amplas.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar á maquina a 30 ºC coma máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 110 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
PALPLJUNGMAL Cortina, par506.078.45Medicións
- Largura/cortina: 145 cm
- lonxitude: 300 cm
- superficie: 4.35 m²
- peso: 0.31 kg
Embalaxe
PALPLJUNGMAL
Número de artigo506.078.45- Ancho: 18 cm
- Alto: 3 cm
- Longo: 27 cm
- Peso: 0.43 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para PALPLJUNGMAL
Funcionalidade
Tecido fino
Os tecidos finos difuminan a luz do día que entra nunha estancia cando fóra hai máis luz e reduce os reflexos sobre as pantallas. Transmiten a sensación de estarmos conectados ó mundo exterior. Polo día, a xente que estea fóra poderá percibir as formas e a siluetas que haxa no interior, pero pola noite, cando a estancia estea iluminada, a privacidade será nula. Os tecidos finos son ideais para solucións en varias capas.








