Saltar
Novidade

ÖVERNÄS Frigorífico/conxelador, IKEA 700 integrado, 193/74 l

799€
Completar coa bisagra UTRUSTA de 95 °, que se vende á parte. Estrutura de armario alto con reixa de ventilación, portas, zócalo e tiradores véndense á parte.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 5 ano de garantía

  • Caixón de humidade axustable
  • Caixón de temperatura baixa/variable
  • Alarma de porta

Mantén os teus manxares frescos durante máis tempo! Este frigorífico/conxelador integrado arrefría rapidamente os alimentos, mantendo a humidade perfecta para as verduras e a temperatura axeitada para as carnes e o peixe.

Número de artigo005.730.46

Detalles do produto

5 anos de garantía de balde. Consulta as condicións no folleto da garantía.

A tecnoloxía "no-frost" impide a formación de xeo e de carouxo tanto nos alimentos como no frigorífico ou conxelador.

O ventilador de refrixeración fai circular o aire para acadar unha temperatura uniforme en todo o frigorífico e, así, aproveitar ao máximo cada recuncho.

Activa a función de refrixeración rápida para arrefriar os alimentos cando chegues da compra protexendo así o que xa tiveses dentro e evitando que aumente a temperatura da neveira.

Para conxelar axiña alimentos que acabes de meter no conxelador, activa a función de conxelado rápido. Deste xeito conservarase todo o sabor e evítase que se queza o resto dos alimentos que están no conxelador.

Atoádesvos xunto a neveira? Se a porta queda aberta, soará unha alarma para lembrarvos que a pechades antes de que aumente a temperatura e se estrague a comida.

O caixón de humidade axustable permite controlar os niveis de humidade para que as froitas e verduras se manteñan frescas durante máis tempo.

O caixón de baixa temperatura mantén os alimentos a 1-2 °C menos que o resto do frigorífico para conservar as carnes, peixes e bebidas nas mellores condicións.

Preme o estante dividido para crear espazo para os artigos máis altos por diante mentres segues usando a parte de atrás para gardar outras cousas.

Os estantes axustables permítenche gardalo todo, dende grandes recipientes de comida ata pequenos tarros, así poderás aproveitar ao máximo o espazo e telo todo á vista e ao alcance.

Os compartimentos axustables da porta teñen capacidade para infinidade de cousas, dende botellas grandes ata cubiños de caldo, para que poidas aproveitar o espazo e acceder a todo facilmente.

O modo vacacións evita que se xeren cheiros na neveira cando esteas fóra, mentres que o conxelador segue funcionando normalmente.

Con só un toque, a pantalla táctil permite comprobar e axustar as temperaturas e outras funcións importantes.

A iluminación LED integrada dá luz a cada recuncho para que che resulte máis doado atopar o que precises. Ten, ademais, a mesma vida útil que o frigorífico.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo005.730.46

Información útil

Inclúense 2 baldas regulables.

Inclúe 1 compartimento para baixa temperatura.

O produto inclúe 1 caixón con control de humidade.

Bandexa do conxelador de fácil acceso.

O conxelador inclúe dous caixóns.

Completar coa bisagra UTRUSTA de 95 °, que se vende á parte.

Estrutura de armario alto con reixa de ventilación, portas, zócalo e tiradores véndense á parte.

Podes montar as portas á dereita ou á esquerda.

Este frigorífico/conxelador integrado debe instalarse nun armario de cociña.

Atoparás información completa sobre a instalación e uso deste produto na pestana Instrucións de montaxe e documentos.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Frigorífico/Conxelador

Encontrarás información sobre o coidado deste produto debaixo da etiqueta Instrucións e documentos de montaxe.

Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.

Limpa con frecuencia o interior da porta do frigorífico/conxelador cun pano suave con agua morna e xabón.

Revisa con frecuencia as xuntas das portas e límpaas cando for necesario.

Non utilices disolventes nin produtos abrasivos para limpar o frigorífico/conxelador.

Seguridade e conformidade

Este produto contén a marca de conformidade de Serbia.Este produto leva marcado CE.

Información técnica

ÖVERNÄS

Frigorífico/conxelador, IKEA 700 integrado, 193/74 l

Número de artigo005.730.46
Nome de marcaIKEA
Referencia de modeloÖVERNÄS 00573046
Clase de eficiencia enerxéticaD
Consumo anual de enerxía184 kWh/ano
A suma dos volumes do(s) compartimento(s) conxelador(es)74 L
A suma dos volumes do(s) compartimento(s) de refrixeración193 L
Conxelador con clasificación de estrelas4
Clasificación climática
Emisións de ruído35 dB

Medicións

  • Ancho: 540 mm
  • fondo: 550 mm
  • Altura: 1785 mm
  • Volume frigorífico: 193 l
  • Volume conxelador: 74 l
  • Volume total: 267 l
  • peso: 65.00 kg
  • lonxitude do cable: 2500 mm

Embalaxe

ÖVERNÄS

Número de artigo005.730.46
  • Ancho: 61 cm
  • Alto: 58 cm
  • Longo: 189 cm
  • Peso: 79.00 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.3Valoración media
3Opinións
4.3Valoración media
3Opinións

Accesorios para ÖVERNÄS

Produtos relacionados

Recomendado para ti

SostibilidadeAs persoas e o planeta

Vida sostible na casa

Frescor durante todo o ano

Es unha persoa meticulosa no que respecta á organización do frigorífico ou es máis de metelo todo dentro ao chou? E o resto da familia, como é neste sentido? Sexa como for, os alimentos deben conservarse en frío. E aí é onde entran en xogo os ventiladores. Porque os ventiladores que hai detrás dos paneis posteriores dos frigoríficos moven o aire e axudan a manter unha temperatura baixa. Así poderás conservar os teus alimentos durante máis tempo e reducir os reboutallos.

Enerxía e recursos

Un imperdible para amantes do xeado

É posible que despois dunha compra sexa necesario conxelar rapidamente parte da comida. A función de conxelación rápida reduce a temperatura con só premer un botón. Canto máis rápido se conxelen os alimentos mellor saberán e de mellor calidade serán cando se desconxelen. Que che toca sufrir un atasco? As delicias como os xeados acadarán a temperatura adecuada máis rápido para que os petiscos non se boten a perder. Os xeados e a barriga agradecerancho.

Calidade

Despídete do xeo!

Cansaches de sacar comida conxelada do fondo do frigorífico ou do conxelador? Non tes tempo para descoxelar? A tecnoloxía "no-frost" pode axudarte. Regula intelixentemente a humidade para impedir que se acumule o xeo e a carouxo tanto no interior do electrodoméstico como na comida. Esquécete dos pequenos desastres de desconxelación. Déixallo ao teu frigorífico/conxelador. Aforrarás tempo e manterás os teus alimentos frescos.

Funcionalidade

Conserva os teus alimentos

O que necesitas despois dunha compra grande para toda a semana ou para unha reunión familiar é a función de refrixeración rápida. Garda a comida no frigorífico e preme o botón para acadar a temperatura óptima. A refrixeración rápida fai que os alimentos acaden rapidamente a temperatura de conservación ideal, axuda a preservaren o seu frescor e sabor e evita que a comida se bote a perder. O modo normal restablécese automaticamente cando o frigorífico acada a temperatura preconfigurada.

Form design process

Está todo nos caixóns!

Queres que os alimentos se manteñan frescos? O caixón de humidade axustable pode supoñer unha gran diferencia para as froitas e as verduras. No caso dos alimentos que se estragan antes, como as mazás, as peras e os aguacates, axusta un nivel de humidade baixo. Para as follas verdes e as verduras delicadas, auméntaa para que se manteñan frescas. O caixón de baixa temperatura é ideal para a carne, o peixe ou as bebidas que necesitan gardarse moi fríos. Se utilizas ben estes caixóns, a comida manterase en perfecto estado durante máis tempo.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de