Como conseguilo
Queres unha casa florecente? Estes ganchos de parede son decorativos e prácticos, ideais para os teus colares e chapeus gozaren dun lugar de seu. Parte da colección OMMJÄNGE, deseño moderno inspirado na arte tradicional sueca.
Detalles do produto
Os ganchos permítenche aproveitar o espazo inutilizado para ter as túas cousas sempre á man.
Maria Vinka
Medicións
- Unidades: 3 pack
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Por medio dos tecidos e obxectos da colección OMMJÄNGE busco rachar cos estereotipos e demostrar que a arte popular pode ser inspiradora e excitante. O punto de partida foi unha imaxe dunha muller do século XIX, chamada Kunigunda, que pintei no meu lenzo para crear unha nova historia, con motivos elaborados e cores rechamantes cos que chamar a atención e integrar a historia no deseño contemporáneo. Agardo que as persoas valoren a conexión histórica e aprecien as raíces da nosa herdanza sueca".