A almacenaxe OMAR ofrece moito espazo na cociña, o baño e o recibidor. Cousas como alimentos ou panos están á vista e protexidos nos estantes de metal. Pódese montar facilmente e completarse con almacenaxe da mesma serie.
Detalles do produto
Os estantes permítenche adaptar o espazo ás túas necesidades facilmente.
Os pés regulables permiten que se manteña estable, mesmo en chans irregulares.
Podes personalizar e completar a túa almacenaxe con accesorios da serie OMAR.
O sistema de almacenaxe OMAR é doado de instalar e, independentemente de para que o vaias usar, poderás ver a acceder aos contidos con facilidade.
Podes facelo máis alto se precisas máis espazo para gardar cousas.
Pódese empregar tamén en zonas interiores con humidade.
IKEA of Sweden
Medicións
- Ancho: 46 cm
- fondo: 36 cm
- Altura: 181 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para OMAR
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.