Os organizadores ÖBONÄS ofrecen un espazo para gardar as cousas sen a necesidade de furar a parede grazas ás súas ventosas. Teñen un deseño sinxelo, con bordos redondeados e tonalidades verdes cincentas que transmiten unha expresión serena e moderna.
Detalles do produto
Non fai falla tradear grazas á ventosa de forte agarre.
Permíteche despexar espazo no mesado e ter os utensilios de cociña á man.
Almacenaxe práctica para xabón, xampú e demais artigos de ducha, aínda que tamén poderás colocala a carón do lavabo.
Os buratos da parte de abaixo permiten que circule o aire e evitan que acumule auga.
Cun deseño que agocha a ventosa.
Desaparafusa o recipiente da ventosa para limpar con facilidade. Non é preciso volver instalar o produto enteiro cada vez que limpes.
Con ventosas para que se adhira ás superficies lisas como cristais, espellos e azulexos.
Apto para zonas de humidade.
Maja Ganszyniec
Medicións
- Ancho: 12.9 cm
- Altura: 21.8 cm
- Peso máximo: 1 kg
- fondo: 10 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.

A idea tras o produto
A idea tras o produto
Temos todo o necesario para organizar os obxectos máis pequenos da cociña, pero polo que sexa non queremos furar a parede. Por iso deseñamos os organizadores ÖBONÄS, con potentes ventosas. O pequeno andel, os tres gachos e recipiente son moi cómodos, xa que che permiten deixar as cousas xusto onde as necesitas. Con complementos coma este poderás crear unha cociña persoal nunha mestura harmoniosa de forma e funcionalidade.