Saltar
Baixamos o prezo

NIPÅSEN Banco zapateiro, negro, 79x35x52 cm

49,99€
Prezo anterior: 59,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Encanto de mundos pasados para os recibidores actuais. Ofrece espazo para ata 8 pares de zapatos. Un banco único. Abonda de escusas, é hora de que cada cousa vaia no seu sitio.

Número de artigo205.861.42

Detalles do produto

Zapateiro e banco: a axuda que necesitas para ter un recibidor en orde.

O estante ten espazo para 4 pares de zapatos e, se lle pos unha bandexa para zapatos BAGGMUCK terás sitio para outros 4 pares de zapatos máis.

O estante está feito de metal expandido, unha maneira de aproveitar ao máximo o material e permitir que a sucidade caia polos buracos.

A altura dos estantes do zapateiro permite limpar por debaixo do banco. Se utilizas unha bandexa para zapatos BAGGMUCK, sácaa antes de limpar.

Tamén podes poñer cestos ou caixas bonitas no estante para ter as túas luvas, puchos e outros obxectos sempre á man.

A estrutura está feita de aceiro con revestimento en po, resistente e atemporal, mentres que o asento do banco está feito de fibra, suave e cómodo ao sentar.

Completa o teu banco con coxíns para unha maior comodidade. IKEA ten unha ampla selección de estilos e cores.

Este banco combina en profundidade e altura co colgadoiro NIPÅSEN, con espazo para zapatos. Desta maneira quedarán perfectamente aliñados se os pos lado a lado.

Deseñador

Ebba Strandmark

Número de artigo205.861.42

Información útil

Pódese completar co estante PINNING con 3 ganchos e outros produtos da serie NIPÅSEN.

Pódese completar co tapete para zapatos BAGGMUCK de 71x35 cm.

Ten espazo para uns 4 pares de zapatos.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Compoñentes principais/ Andel:
NOTRANS, NOTRANS
Taboleiro superior:
NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Cada banco soporta un peso máximo de 100 kg.

Medicións

  • Ancho: 79 cm
  • fondo: 35 cm
  • Altura: 52 cm
  • Altura: espazo libre baixo o moble: 24 cm

Embalaxe

NIPÅSEN

Número de artigo205.861.42
  • Ancho: 36 cm
  • Alto: 11 cm
  • Longo: 82 cm
  • Peso: 8.33 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.8Valoración media
19Opinións

Accesorios para NIPÅSEN

Entrada moderna con estante de zapatos, banco, paredes verdes claras, espello e cadeira.

Colgadoiro e banco con zapateiro NIPÅSEN

Cando falamos de idear produtos non só estamos a falar de crear produtos novos. Para nós, anovar e mellorar os produtos que xa temos en catálogo é igualmente importante. Co colgadoiro e banco con zapateiro NIPÅSEN conseguimos mellorar as prestacións, reducir a cantidade de material e baixar o prezo do moble para recibidor.

Esta vez, a idea veu dun dos nosos fornecedores, que ten a certeza de que todas as cousas son mellorables. "Descubriron que estreitar estes colgadoiros un chisco nos permitiría utilizar tubos de aceiro un pouco máis finos sen que por iso o colgadoiro perda rixidez. Isto permite reducir os prezos, o que está moi ben, xa que se utiliza menos material por cada unidade", di Christos Stefanoudakis, que traballa na creación de produtos.

Ideas que inspiran novas ideas

Aquel consello do fornecedor foi para Christos e o resto do equipo como unha revelación. "Foi como un efecto bóla de neve, a cada instante xurdían ideas de mellora novas. Ao retirar o andel inferior, deixamos espazo para zapatos e botas máis altas e ademais permite limpar mellor por debaixo. E ademais supoñía un aforro de material!" Descubrimos que tamén poderiamos aforrar no andel superior. "Estaba feito dunha lámina de metal cun padrón perforado. Pero decidimos estirar o metal e, unha vez estirado, forma un padrón en forma de rede. Aqueles axustes reduciron o uso de materiais para facer o andel en dous terzos".

Almacenaxe máis aproveitada a menor prezo

O vello colgadoiro presentaba un estilo e unha expresión distintas, aínda que, visto o gran número de cambios, finalmente decidimos que tiña que converterse nun produto totalmente novo: NIPÅSEN. "Conseguimos mellorar o moble, agora ocupa menos espazo e é máis económico. E iso está moi ben, porque na maior parte do mundo os recibidores non son precisamente as estancias máis amplas. Por iso facer máis con menos é cada vez máis importante... e divertido!"

Máis información

Funcionalidade

Máis con menos

Cando falamos de idear produtos non só estamos a falar de crear produtos novos. Para nós, é igual de importante anovar e mellorar os produtos que xa están na gama. Co colgadoiro e banco NIPÅSEN conseguimos mellorar as prestacións, reducir a cantidade de material e baixar o prezo dun produto para o recibidor que anteriormente estaba na gama. Isto está moi ben, porque sabemos que o recibidor adoita ser unha zona con espazo limitado que presenta moitos retos en termos de practicidade.

Form design process

Máis con menos

Desenvolver produtos non só consiste en crear produtos novos. Para nós, é igual de importante anovar e mellorar os produtos que xa están na gama. Co colgadoiro e banco de almacenaxe NIPÅSEN conseguimos mellorar as prestacións, reducir a cantidade de material e baixar o prezo dun produto para o recibidor que anteriormente estaba na gama. Isto está moi ben, porque sabemos que o recibidor adoita ser unha zona con espazo limitado que presenta moitos retos prácticos.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Os recibidores son distintos segundo a parte do mundo na que esteamos. Porén, a necesidade de ter un sitio onde deixar as túas cousas ao chegar á casa é universal. Cando deseñei NIPÅSEN buscaba crear un espazo aberto e facilmente accesible onde toda a familia tivese un sitio para pendurar ou gardar as súas cousas e así transformar a volta á casa nun ritual ordenado. Ten espazo para todo, desde chaquetas e bolsas da compra, ata mochilas do ximnasio, zapatos, chaves e correas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.