10 ano de garantía
- Grosor: 8 cm
- Funda lavable
- Absorción de sons
- Bloqueo de son
Esta pantalla acústica para escritorios MITTZON define o teu espazo persoal, absorbe o son e reduce as distraccións visuais. E ademais, a funda é extraíble e pódese lavar!
Detalles do produto
Garantía de 10 anos. Consulta as condicións no folleto da garantía.
Ideal para usar en oficinas.
Cuberta extraíble e lavable á máquina
Pantalla lateral, ideal para escritorio MITTZON de 80 cm de profundidade.
A pantalla acústica crea unha zona illada que mellora a concentración.
Absorción de son eficiente grazas a un núcleo de madeira maciza con recheo de fibra de madeira de grande espesor a cada lado, cuberto cun tecido groso de la. O grosor total é de 80 mm.
Divide o espazo en zonas acústicas separadas, creando unha barreira que bloquea o son. Evítase que o son se mova libremente nun espazo aberto ou entre dúas zonas de traballo.
Inclúe entre 85-95% de fibra de madeira renovable.
Conecta entre 1 e 3 pantallas ós lados do escritorio. Ó conectar 3 pantallas (1 a cada lado) estás a crear unha zona de traballo illada que absorbe ben os sons.
A funda ten un deseño ondulado inspirado na natureza que lembra as ondulacións formadas polas ondas sobre a area da praia. As costuras confírenlle maior profundidade.
Inclúe abrazadeiras para amarrar a pantalla.
Andreas Fredriksson
Medicións
- Altura: 72 cm
- Ancho: 90 cm
- grosor: 8 cm
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Ao deseñar as pantallas acústicas MITTZON, quería suavizar o tacto duro e con frecuencia frío dos mobles de oficina, así que me valín das formas orgánicas que se encontran na natureza. O motivo ondulado da funda está inspirado na natureza e lembra as ondulacións que forman as ondas na area da praia. As pantallas están recubertas con 2 capas de la e cubertas un tecido groso que absorbe o ruído. Agardo que che axuden a mellorar a privacidade e a crear unha sensación de calma nos espazos de traballo abertos".