Tanto se estudas como se te centras nos teus pasatempos, con esta unidade adicional gozarás dunha maior almacenaxe accesible á beira do escritorio MICKE; para que te poidas centrar de cheo no que estás a facer.
Detalles do produto
Sobre a balda superior poden colocarse libros, CD e DVD que se manteñen no seu sitio grazas aos paneis laterais, que serven de suxeitalibros.
Podes axustar as baldas para colocar obxectos de distintas medidas e reorganizalas cando precises un cambio. As baldas regulábeis permítenche aproveitar mellor o espazo.
Podes pegar imáns na superficie metálica e empregala para poñer notas.
Henrik Preutz
Medicións
- Peso máximo: 10 kg
- Peso máximo/andel: 3 kg
- Ancho: 105 cm
- fondo: 16 cm
- Altura: 65 cm
Opinións dos clientes
Material
Que é un taboleiro composto?
Utilizamos taboleiros compostos para fabricar gran parte dos nosos mobles, como mesas ou roupeiros. Son lixeiros, estables e resistentes. Os taboleiros teñen unha estrutura feita de aglomerado, fibras ou madeira maciza mentres que no interior está composto por unha estrutura de favo feita principalmente de papel reciclado a cal, grazas á súa construción especial, ofrece unha gran resistencia. A continuación, o taboleiro é cuberto cunha pintura protectora, laminado ou chapa, segundo o estilo que se queira conseguir.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
A miña idea coa serie MICKE foi simplificar todo o que facemos con computadores e teléfonos móbiles neste mundo de alta tecnoloxía: manternos en contacto cos amigos, descargar películas e música, traballar ou imprimir unhas entradas de cinema. O obxectivo foi crear un produto de ilusión cun máximo de funcións e que ocupase un mínimo de espazo. Un aspecto moi práctico é que os cables quedan ocultos e recolleitos. Outro é que todos os compoñentes teñen o mesmo fondo e altura, para que podamos crear a nosa combinación favorita".