Saltar

METOD Guía de montaxe, galvanizado, 200 cm

13€/2 m

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 25 ano de garantía

Con esta guía de suspensión, a instalación e aliñación dos mobles de parede da túa cociña xa non serán un problema. Fixa a guía na parede e colga os mobles: fácil e rápido.

Número de artigo602.056.64

Detalles do produto

A guía de montaxe METOD permíteche montar facilmente os teus armarios na parede.

Podes cortar as guías ou combinar varias para obter a lonxitude que precises.

A guía ten moitos buratos para que poñas os cravos onde quixeres.

Podes axustar a posición dos armarios de parede en sentido horizontal antes de fixalos á guía.

25 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo602.056.64

Información útil

Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).

Pódese cortar á lonxitude desexada.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

METOD Guía de montaxe602.056.64

Medicións

  • lonxitude: 200 cm
  • Sistema fondo: 1.0 cm
  • Altura: 5.5 cm

Embalaxe

METOD

Número de artigo602.056.64
  • Ancho: 7 cm
  • Alto: 1 cm
  • Longo: 211 cm
  • Peso: 1.80 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
281Opinións

Unha cociña que nos levou polo mundo

Sexa como for a cociña dos teus soños, seguramente sexa distinta ao que desexa o resto do mundo. Isto foi o que aprendemos cando investigamos o que lle gusta á xente en materia de cociña polo mundo adiante. A nosa conclusión no tocante ao sistema de cociña METOD é que ten que permitir deseñar a mellor cociña para ti, sexan cales foren as túas preferencias e lugar de residencia.

Cantas máis persoas teñan a súa cociña mellor, e nós queremos axudalas a conseguilo. E así foi como comezamos cos bosquexos. "Cando a creamos, METOD supoñía o maior cambio que afrontabamos en materia de cociña, polo que é xusto dicir que traballamos con moito tino", di o técnico Klas-Ola Nilsson.

Pesquisas por todo o mundo

E como é a cociña polo que todo o mundo suspira? Preguntamos a milleiros de persoas, visitamos centos de casas e traballamos con profesionais da industria alimentaria. "Chegamos á conclusión de que o que une as cociñas de todo o mundo é que todas son diferentes", di Klas-Ola. "Por cada persoa que soña cunha cociña aberta, hai outra que non ten espazo para facela, ou que non pode acometer unha reforma dese tamaño".

Das pesquisas aos resultados

Houbo un elemento que se revelou extremadamente importante. "Decatámonos de que necesitabamos un sistema de cociña capaz de adaptarse a espazos de distinto tamaño e dunha maneira totalmente nova para nós", di Klas-Ola. "Así foi como deseñamos armarios que se puidesen instalar en case calquera parte". É posible combinar pezas de distinto tamaño, en función da estancia, e de maneira harmoniosa, sen acabados raros. Amais, tamén podes personalizar o seu interior para satisfacer todas as túas necesidades.

Preparadas para o futuro

Unha cociña adaptable resulta máis cómoda á hora de cociñar: isto é así agora e será así no futuro. Se o que buscas é unha cociña máis profesional ou se só a queres utilizar para máis actividades, a cociña METOD está aquí para axudarte. "METOD non é algo definitivo nin pechado", di Klas-Ola. "A idea de cociña soñada evoluciona constantemente. Para satisfacer as necesidades futuras, METOD tamén evolucionará".

Máis información

Material

Que é o aceiro?

O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.

Funcionalidade

Bloques de construción para a cociña

As estruturas METOD son a base da cociña. Elixe armarios baixos, altos ou de parede, dispoñibles en varias medidas de ancho. Os armarios altos e de parede están dispoñibles en varias alturas. Para aproveitar un recuncho, hai estruturas de esquina con carrusel que permiten alcanzar o contido con facilidade. Tamén hai estruturas especiais para fornos sinxelos ou dobres integrados. Perfectas se queres ter o forno a unha altura de traballo cómoda. Compleméntaas con accesorios interiores UTRUSTA, UPPDATERA e VARIERA.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.